7 ene 2015
Tratamento hepatites C

1) Que mentres se recorta, desmantela e privatiza a sanidade pública, o Ministerio de Sanidade acorda cun laboratorio un tratamento a un prezo cen veces superior ao seu custo de produción,
2) A ausencia de información á opinión pública fronte ás mensaxes da multinacional farmacéutica que falan unha eficacia e falta de efectos secundarios do sofosbuvir practicamente absoluta, o que suscita interrogantes.
3) Que dado que están en tramite a aprobación doutros tratamentos contra o virus da hepatites C (de eficacia similar e menor custo), é posible que a multinacional farmacéutica que o comercializa estea intentando aproveitarse da ineptitude do Ministerio e da situación dos pacientes, para ocupar unha situación hexemónica no mercado.
Por todo iso desde a FADSP esiximos:
1.- Transparencia na información sobre este fármaco para evitar a utilización polo laboratorio das asociacións de pacientes afectados por esta grave enfermidade, que como é normal, esixen o acceso a unha tratamento que poidan curarlles, sobre todo si presentan como "píldora milagrosa". Só a publicación de toda a información sobre o resultado dos ensaios clínicos e a evolución dos pacientes tratados con este medicamento permitirá coñecer os efectos e prexuízos reais do mesmo.
2.- A creación dun comité científico - técnico co Ministerio de Sanidade e o Consello Interterritorial do SNS (no que participan a CCAA de Galicia que paga os tratamentos que a poden facer insostible económicamante ) para elaborar e actualizar un protocolo de actuación /tratamento dos enfermos con hepatitis C de acordo á evidencia científica dispoñible. Este Comité debería ademais garantir o tratamento inmediato aos enfermos que reúnan as condicións, elaborar un rexistro de doentes tratados, e e informar á opinión pública e aos afectados da eficacia e os efectos adversos reais do tratamento con Sofosvubir
3.- Revisar de xeito inmediato o custo do tratamento con este fármaco, axustándoo ao investimento realizado para a súa investigación e fabricación (a uns beneficios razoables para a empresa). Si o laboratorio Gilead persiste en manter prezos centos de veces superiores ao custo real do fármaco, estea deberá fabricarse como xenérico, dado que a lexislación internacional permíteo en casos especiais de saúde pública como o que nos ocupa.
Desde a AGDSP rexeitamos a política sanitaria do PP que permite que a industria farmacéutica xogue coa saúde da poboación para obter enormes beneficios mentres recorta prestacións aos enfermos.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: