7 jun 2014
Sobre a marcha atrás da Consellería de querer incluir Bueu e Marín no concerto con POVISA
Ante a información da marcha atrás da Consellería de Sanidade na súa decisión de que a poboación de Bueu e Marín fora atendida no hospital privado POVISA, a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar que:
Por todo isto facemos un chamamento a todas as forzas sociais e profesionais a estar atentas a novos intentos privatizadores da sanidade polo Goberno da Xunta e Esiximos a dimisión da Consellería de Sanidade e a rectificación pública e reversión das políticas privatizadoras do Presidente Sr. Nuñez Feijoo.
- Consideramos esta decisión como unha derrota parcial nos proxectos de privatización da sanidade pública da Xunta de Galicia.
- Atribuímos a mesma ao forte movemento de rexeitamento das Plataformas para a Defensa da Sanidade Pública de toda as localidades afectadas (Pontevedra, Vigo, Moaña, Cangas, Bueu e Marín) así como das numerosas organizacións sociais, sindicais e políticas que anunciaron mobilizacións en contra da medida.
- Pese a esta marcha atrás advertimos que a Xunta de Galicia non renuncia a seguir desenvolvendo a súa política de:
- Privatización da sanidade pública para favorecer a empresas afines, ás que non son alleas as portas xiratorias (os mesmos personaxes entran e saen continuamente das empresas e da administración sanitaria).
- Desmantelamento das áreas sanitarias para crear un gran espazo de mercado onde os centros privados poidan captar a súa clientela en toda Galicia (pagado con diñeiro público).
Por todo isto facemos un chamamento a todas as forzas sociais e profesionais a estar atentas a novos intentos privatizadores da sanidade polo Goberno da Xunta e Esiximos a dimisión da Consellería de Sanidade e a rectificación pública e reversión das políticas privatizadoras do Presidente Sr. Nuñez Feijoo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: