5 may 2014

postheadericon Garantía, de que?

A finais do ano pasado a maioría do Partido Popular no Parlamento de Galicia aprobaba a chamada Lei de Garantías. Tal como nola venderon íase "garantir" que calquer paciente non agardaría máis de 60 días para ser atendido nun hospital. O caso é que despois de que o SERGAS dese a coñecer as listas de espera correspondentes ao primeiro trimestre de 2014, comprobamos que en POVISA temos agardar 182 días para unha operación cirúrxica. Aquí algo non cadra: ou ben este goberno da Xunta fai leis para non cumprilas ou ben os usuarios e usuarias asignados a POVISA non pertencemos ao mesmo planeta que o resto da poboación da Área Sanitaria de Vigo e xa se nos dá por perdidos.
Non pode ser doutra maneira cando en POVISA se reducen xornadas e se despide persoal; unha tendencia que corre paralela ao continuo deterioro da calidade do servizo, tal como poñen en evidencia as miles de queixas que chegaron o ano pasado á oficina do Valedor do Pobo. O famoso mantra neoliberal do austericidio de "facer máis con menos" funciona así: listas de espera máis do dobre porriba da media dos hospitais públicos de Galicia e peor atención aos usuarios e usuarias.
Segundo os actuais xestores do goberno da Xunta, todo se ía solucionar cando entrase en funcionamento o Novo Hospital de Vigo, pero polo que estamos a ver as reducións no dimensionamento e recortes nos servizos do centro de Valladares condénanos a unha situación de permanente vinculación a POVISA. As cousas só poden comezar a cambiar con medidas radicais de defensa da sanidade pública, reinvertindo o proceso de privatización do Novo Hospital e colocando a POVISA no lugar de onde nunca debeu saír, é dicir, como un centro hospitalario non sustitutivo senon complementario para determinadas patoloxías mantendo o emprego.
De momento o único garantido pola Lei de Garantías é que mentres as políticas do Partido Popular continúen en marcha todo irá a peor. Os números cantan.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger