8 mar 2014
A AGDSP pídelle explicacións ao alcalde de Vigo por un posible pacto co PP sobre o Novo Hospital de Vigo
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
- A nosa preocupación por unhas informacións contradictorias que afectan a un proxecto estratéxico para o futuro da Sanidade Pública de Vigo e de toda a Comunidade Autónoma, ao ser o primeiro hospital que se pretende financiar e gestionar de xeito privado.
- Que rexeitamos este proxecto porque ademais de multiplicar máis de sete o custo do centro, recórtao sustancialmente en camas, servizos de referencia, equipamiento, persoal, etc., coa finalidade de reducir custos ás empresas concesionarias e deixar a POVISA como hospital de referencia para un volume importante de persoas do área. Este proxecto deixase a Vigo cun hospitalito de segunda división sen as características estratéxicas do proxecto inicial, como quedou claro cando o SERGAS recortou a área de referencia en especialidades avanzadas en 300.000 habitantes, para favorecer ao Complexo Hospitalario de Santiago.
- Solicitamos que o Alcalde aclare públicamente as consecuencias do acordo co PP sobre a posición mantida polo Concello de firme rexeitamento ao modelo PFI do Novo Hospital e de non facilitar ningunha colaboración municipal para levantar na cidade un centro privado con diñeiro público.
- Neste sentido a nosa Asociación acudirá, co resto de organizacións que forman a Plataforma Para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo, á reunión coa Alcaldia prevista para o vindeiro luns ás 4 da tarde.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo


0 comentarios: