11 feb 2014

postheadericon O Morrazo en contra da demolición da sanidade pública

Representantes das plataformas do Morrazo
Chamamento desde o Morrazo en contra da demolición da sanidade pública
Coa nova reestruturación do mapa sanitario promovido pola Xunta causaráse graves perxuizos aos veciños e veciñas do Morrazo que tiñan como hospital de referencia para determinadas especialidades (Oncoloxía, Radioterapia, Cirurxía Torácica, Neurocirurxía, Cirurxía Plástica, Cirurxía Pediatra, Fecundación in Vitro, Cardioloxía Intervencionista e Cirurxía Cardíaca) o sistema hospitalario vigués. En base a este reaxuste un paciente de Bueu que era atendido en Vigo, pasará a depender do Complexo Hospitalario de Santiago, incrementando a distancia do seu desprazamento en máis de 50 km utilizando a autopista, o cal, suporá un risco para certas patoloxías, maior incomodidade e un custo adicional para pacientes e familiares.   Por outra banda, o hospital de Montecelo co proxecto de ampliación paralizado polo goberno de Feijoo corre o risco de converterse nun hospital comarcal.
A recente medida tomada polo goberno do Partido Popular a través da Consellería de sanidade consistente en trasladar 300.000 persoas das zonas de Pontevedra e O Salnés, desde a Área Sanitaria de Vigo á de Santiago ten efectos perniciosos, pois, ademais de perxudicar a usuarios e usuarias,  descapitaliza a sanidade pública do sur de Galicia e atenta contra os intereses profesionais, o nivel científico, a docencia e a investigación do CHUVI.
Con esta medida Feijoo substrae da Área Sanitaria de Vigo recursos orzamentarios, tecnolóxicos e humanos vitais, que afectarán á calidade dos servizos prestados. Mentres as demais áreas dispoñen dun hospital público, a Área Sanitaria de Vigo encamíñase a un Novo Hospital privatizado e con insuficientes recursos profesionais e tecnolóxicos. Esta operación non está pensada con criterios científicos. A Consellería de Sanidade reduce o peso poboacional na Área Sanitaria de Vigo para adaptalo a un Novo Hospital que perde 500 camas sobre o proxecto inicial. Unha operación que é posible porque o hospital privado POVISA está aí para ocupar todo o espazo que sexa necesario cando o retroceso dos servizos públicos se produce. POVISA é un elemento central neste reaxuste do mapa sanitario. Un fenómeno de parasitación e chantaxe permanente que paga moi caro toda a cidadanía:

  • A Xunta disponse a perpetuar o concerto con POVISA polo que recibe 75 millóns cada ano dos fondos públicos dos que unha parte pasarán directamente ás contas dos accionistas como beneficio empresarial e dos directivos e xerentes que embolsan elevados salarios.
  • Paralízase “sine die” a construción do proxectado Centro de Alta Resolución no Morrazo, unha infraestrutura tan necesaria para compensar a marxinación dos usuarios e usuarias da comarca na Área Sanitaria de Vigo.
  • Adáptase o tamaño e dotación do Novo Hospital de Vigo aos recortes realizados no proxecto para reducir custes e maximizar as ganancias ás empresas privadas concesionarias, polo que a anunciada “libre elección de hospital” coa que se nos quere vender aos cidadáns do Morrazo o novo concerto con POVISA é papel mollado.


Por se fose pouco, estánse a producir importantes reducións nas plantilla de POVISA. Esta semana pasada a empresa puña sobre a mesa o despedimento de outros 13 empregados/as e a redución de xornada a outros/as 68. Estes recortes están producindo xa unha alarmante disminución da calidade asistencial que nos afecta directamente a todos os usuarias e usuarias. Trátase dunhas temerarias medidas levadas a cabo co silencio cómplice da Consellería de Sanidade que renuncia a garantizarnos a seguridade asistencial a toda a poboación asignada forzosamente a este hospital privado sostido con fondos públicos.
Todas estas medidas de reestruturación das Áreas Sanitarias dirixidas a favorecer o negocio privado como no Novo Hospital de Vigo e POVISA, forman parte do saqueo xeralizado da sanidade pública polo goberno do PP en Compostela. Nesta liña están as privatizacións dos servizos de alto risco, da xestión da historia clínica, da alta tecnoloxía do Sergas, da ampliación do CHOU, da investigación biomédica, das telecomunicacións do Sergas, da teleasistencia, da plataforma loxística, do mantemento de equipos, etc. etc.
Neste contexto, no que usuarias e usuarios somos saqueados por continúas medidas de recortes e copagos é no que as plataformas do Morrazo erguemos este chamamento en contra da demolición da sanidade pública, que na nosa comarca ten casos tan sangrantes  como a paralización dos centros de saúde de Moaña e O Hío e o mencionado Centro de Alta Resolución.

NON AO DESMANTELAMENTO DAS ÁREAS SANITARIAS DE VIGO E PONTEVEDRA
CONTRA OS RECORTES, OS COPAGOS E AS PRIVATIZACIÓNS NA SANIDADE PÚBLICA
POR UNHA SANIDADE UNIVERSAL, GRATUÍTA E DE CALIDADE

OS RECORTES EN SANIDADE MATAN

Plataforma SOS Sanidade Pública de Bueu
Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Cangas
Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Moaña

MANIFESTACIÓNS

VIGO
Xoves, 13, ás 20 h. manifestación desde a Praza de España (dos cabalos)

PONTEVEDRA
Venres, 14, ás 20 h. manifestación desde a Ferrería

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger