3 dic 2013

postheadericon Para a AGDSP a denominada Lei de Garantías está pensada para favorecer o negocio privado

O Goberno Galego aprobou, grazas á maioría absoluta, a denominada Lei de Garantías de Prestacións Sanitarias que fixa un máximo de 60 días de espera para intervencións quirúrxicas e 45 para consultas e probas diagnósticas; posibilita a libre elección de medicos, enfermeira e hospital; a segunda opinión medicas sobre algunhas enfermidades; posibilidade de manifestar instrucións previas; e a recibir información sobre dereitos e deberes dos pacientes.

  1. A Lei é innecesaria e un refrito lexislativo, xa que estas medidas están recolleitas en múltiples leis Estatais e Autonómicas.
  2. Pon límite ao tempo de espera, que se se supera da dereito a ir a un centro privado (pagado con diñeiro público). A Xunta sabe que os tempos fixados son imposibles de levar á práctica tralos recortes de persoal e da actividade dos centros públicos (en Vigo o 68% dos pacientes espera máis dun ano e o 22,8% máis de dous, cun crecemento do 64% no último año), como consecuencia os centros privados recibiran centos de pacientes a pagar con diñeiro público. Ademais a Lei beneficiará aos enfermos máis ricos que podan pagar as intervencións e esperar a que o sistema llas devolva.
  3. A Libre elección de médico/a xa está recoñecida desde fai anos, a de enfermeira/o atenta contra a estrutura dos equipos en Atención Primaria, e a de hospital en toda a Comunidade Autónoma, impedirá a planificación dos recursos e ten como obxectivo final abrir un mercado sanitario en toda a CCAA, facilitando que os hospitais privados podan conseguir clientes en toda Galicia (pagados cos orzamentos públicos).
  4. O dereito á unha segunda opinión, instrucións previas e información sobre dereitos e obrigas, xa está recoñecido de xeito exhaustiva polo ordenamento vixente.
En resumo é unha lei no máis puro estilo de marketing político (para mellorar a imaxe dunha administración deteriorada polos copagos, recortes e privatizacións), destinada fundamentalmente a favorecer aos hospitais privados concertados e a crear un mercado sanitario público-privado en Galicia.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger