2 dic 2013

postheadericon En apoio da Folga Xeral Sanitaria

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública fai un chamamento aos profesionais sanitarios do Servizo Galego de Saude (SERGAS) a participar activamente na Folga Xeral Sanitaria convocadas polos sindicatos CIG, CCOO. OMEGA e CEMS.
Consideramos que este apoio se fundamenta na necesidade de frear as políticas de recortes, desmantelamento dos Servizos Sanitarios Públicos en Galicia. Consideramos histórica a convergencia dos sindicatos de clase e profesionais en torno á defensa do carácter público do sistema sanitario, sen incorporar reivindicacións laborais.

Isto mostra a gravidade dunha situación na que esta en resgo a continuidade do sistema tal como coñecémolo.
Os recortes económicos, o recurso sistemáticos ao financiamento privado, a externalización dos servizos estratéxicos e o seu asignación a multinacionais, bancos e fondos de investimento, fai inviable o sistema público. O endeudamiento resultante fai que a única política da Xunta pase polo recorte do capítulo de persoal que supoñería unha hecatombe para os traballadores sanitarios e para a asistencia da poboación. A intención de crear Unidades de Xestión Clínica, que poden servir de base para crear de empresas nos centros sanitarios acolleitas ao modelo empresarial e con colaboración privada, supón un novo paso neste sentido.
Chamamos aos cidadáns a acudir ás manifestacións convocadas en diferentes cidades galegas polos sindicatos , co apoio da Plataforma SOS Sanidade Pública para o día 10 decembro.
Só a unidade social e profesional ao redor da defensa do sistema sanitario público pode frear esta gravísima situación do sistema sanitario público.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger