2 nov 2013

postheadericon Rebelión dos alcaldes contra o copago dos medicamentos

Ante as noticias da rebelión de numerosos alcaldes de Galicia contra da imposición do pago de medicamentos de dispensación hospitalaria de enfermos de cancro e doutras graves enfermidades crónicas por parte do Goberno de Rajoy (referendado pola Xunta de Galicia e non así por outras Comunidades Autónomas) , a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública quere comunicar:
  1. O noso apoio a unha medida que supón que os concellos, moi minguados de recursos polas políticas de recorte de Rajoy e Núñez Feijoo, asuman o pago destes medicamentos. Isto demostra que hai moitas persoas decentes e cunha visión humana dos problemas á fronte dalgunhas administracións, que pretenden paliar unhas medidas tan lesivas para o dereito á saúde de quen máis o necesitan
  2. Esta rebelión tamén mostra as graves consecuencias dunha políticas destinadas a fan pagar os custos dunha crises creadas polos banqueiros e os especuladores, aos quen máis o necesitan, pondo barreiras no acceso aos recursos sanitarios.
  3. O crecemento do gasto farmacéuticos deste mes demostra tamén o fracaso dos copagos, que só benefician á industria farmacéutica, a pesar dos sacrificios que esixen aos cidadáns.
  4. A rebelión dos alcaldes supón un paso máis na senda do desmantelamento dun dos alicerces do noso sistema sanitario baseado na equidade e na universalidade de acceso aos recursos sanitarios. Non é razoable nin equitativo que quen vivan nalgúns municipios paguen estes medicamentos o que lles discrimina respecto dos que non o fagan. A sanidade ata agora financiábase con impostos que, polo menos teoricamente gravaban a todos por igual independentemente da localidade onde se vive.
  5. Desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública esiximos aos gobernos central e autonómico a retirada a de todos os copagos.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger