16 oct 2013

postheadericon Requeixa da Plataforma diante do Valedor do Pobo por coidados paliativos e HADO

Sr. Valedor do Pobo:
XXXXXXXXXXXXX, provista de DNI XXXXXXXXX e domiciliado XXXXXXXXXXXXa na Avda, en nome e representación da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas, diríxome a Vde. e fágolle saber que con data de 5 de setembro de 2011 recibín contestación do Valedor do Pobo sobre unha queixa presentada por min sobre a falta de cobertura de coidados paliativos e hospitalización a domicilio (HADO) para os veciños e veciñas de Cangas, ao contrario da poboación do resto da área sanitaria de Vigo. A Consellería de Sanidade recoñeceu no informe remitido ao Valedor do Pobo e datado en maio dese mesmo ano que “o módulo de hospitalización a domicilio e coidados paliativos de POVISA atende aos pacientes da zona do Concello de Vigo que lle corresponde, sen poder acceder a outros concellos, sobre todo aos do outro lado da Ría de Vigo debido a que a súa situación xeográfica complica a aplicación das isocronas habituais dos servizos de hospitalización a domicilio.” E engadía que “a Consellería e o Servizo Galego de Saúde están a traballar para a ampliación da funcionalidade e dos equipos de hospitalización a domicilio dada a súa importancia de cara aos pacientes”.
O feito é que transcurrido ese prazo de tempo, é dicir, case dous anos e medio desde a devandita contestación seguimos na mesma situación discriminatoria, polo que, en vista da pasividade mostrada pola administración sanitaria, reitero a queixa sobre as carencias de coidados paliativos e hospitalización a domicilio (HADO) que padecemos en Cangas, pedíndolle, ademáis, que requira á Consellería de Sanidade para que explique as razóns dese retraso e, no seu caso, indique en que prazos ten previsto a implantación duns servizos sobre os que os responsables da Consellería de Sanidade afirmaban hai máis de dous anos que estaban a traballar.
Cangas, 16 de outubro de 2.013

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger