13 oct 2013
En contra do "céntimo sanitario" da Xunta
A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Publica ante o anuncio da Xunta de que se vai a incrementar o imposto sobre as gasolinas para recaudar fondos para Sanidade, ten que sinalar:
- Estando de acordo en que é necesario aumentar os fondos destinados á Sanidade Pública, é evidente que este tipo de imposto sobre o consumo ten o efecto de profundar a desigualdade porque penaliza igualmente ás persoas con poucos recursos económicos que aos que os teñen moi elevados
- O máis razoable é que os impostos sexan progresivos de maneira que sexan maiores para as persoas con máis recursos e menores para quen teñen menos ingresos, o que é especialmente importante nun momento de grave crise económica como o actual. Chama a atención que a Xunta pretenda subir os impostos de xeito indiscriminado mentres mantén sen tocar algúns outros como o patrimonio, sucesións ou o imposto sobre sociedades que si teñen un carácter progresivo e son máis equitativos.
- Tamén é necesario recordar que o imposto sobre carburantes non ten un carácter finalista e que a súa subida supón maiores ingresos, que a Xunta pode utilizar con fins moi distintos aos sanitarios, co que nos atoparíamos cunha escusa para aumentar a presión fiscal sen mellorar o financiamento sanitario.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: