2 ago 2013

postheadericon Novo Hospital de Vigo: ficción do financiamento privado cando o esforzo corre a cargo da Xunta

Ante a información da Xunta de Galicia de que se pechou o financiamento do Novo Hospital de Vigo, grazas a un crédito de 250 millóns respaldado  pola administración,  Banco Europeo de Investimentos (BEI) e o ICO, a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar:
  1. A nosa profunda indignación por unha medida que supón un novo paso na privatización do sistema sanitario público en beneficio do sector privado, dado que se mantén o modelo de financiamento e xestión privada do Novo Hospital aínda que o respaldo do crédito corre a cargo da administración  pública
  2. Consideramos inaceptable e escandaloso que se vulneren as condicións do contrato de licitación que especificaba que o financiamento do centro debería correr a risco e ventura das empresas adxudicatarias.
  3. Esta medida supón unha fraude e discriminación para a cidadanía de Vigo que terá un hospital con 400 camas menos, un 30-40%, menos de superficie construída e sen as áreas previstas para investigación, docencia ou  laboratorio para reducir o coste da construción o centro as empresas privadas concesionarias.
  4. Malia que unha parte importante do préstamo correrá a cargo da administración publica, esta deberá pagar o canon ás empresas privadas concesionarias, cun custo final de construción de máis de 1450 millóns de euros, cando polo financiamento directo, prevista pola anterior goberno, non excedía os 450.
  5. Só a ideoloxía, os intereses cruzados dos responsables políticos coas empresas e o interese  de ocultar o endebedamento público, xustifican unha decisión que mantén a ficción do financiamento privado cando o esforzo corre a cargo da Xunta de Galicia.
  6. Onde están as cacarexadas vantaxes da transferencia de risco de financiamento ou de entrega cando o respaldo do crédito corre a cargo da Xunta e o hospital leva ou atraso de tres anos na espera de que a concesionaria puidera  poñer o diñeiro comprometido?
Dende a nosa Asociación facemos un chamamento ás forzas políticas, sindicais e sociais a rexeitar unha decisión que supón a descapitalización da Sanidade Pública Galega para beneficiar ás concesionarias privadas e apoiar o compromiso de reverter a centro a xestión pública se gañan as próximas eleccións.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger