22 jul 2013
POVISA: deterioro laboral e graves consecuencias para os usuarios/as
Xosé María Sánchez Pena
Aproveitando a caducidade do convenio colectivo de POVISA, a parte empresarial baixo o foco da política de recortes da Xunta pretende precarizar de forma especialmente agresiva as condicións laborais dos traballadores/as deste hospital. Fálase dunha rebaixa do 40% dos salarios. Pero este proceso de degradación laboral coa redución de xornadas, os despidos e outras medidas xa ven de atrás.Resulta evidente que esta situación vai ter (xa está tendo) a súa repercusión na atención sanitaria que recibimos todos os usuarios/as que con cartilla do Sergas estamos adscritos obrigatoriamente a ese centro hospitalario privado. O estrés laboral, o esgotamento físico por xornadas prolongadas e con turnos insoportables, a desmotivación e os cadros de ansiedade e depresión, todos eles efectos da precarización laboral, non son, desde logo, o mellor caldo de cultivo para crear un ambiente agradable, saudable e recuperador para o/a paciente.
Publicado en Praza.com

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: