12 jul 2013
Consideracións trala retirada do financiamento público no vindeiro mes de agosto dos anticonceptivos de última xeración
- Desde a AGDSP queremos denunciar á opinión pública que a política de retirada do financiamento público de fármacos pola actual administración sanitaria prexudica aos pacientes e favorece á Industria farmacéutica (IF) xa que lle permite incrementar o prezo de venda ao público. Algúns dos 400 fármacos desfinanciados en 2012, duplicaron o seu custo, que deben pagar integramente os usuarios.
- A presión dos laboratorios farmacéuticos logro que o Ministerio de Sanidade retire a partir do mes de agosto o financiamento dos anticonceptivos de última xeración que son consumidos por máis dun millón de mulleres en España. Isto proporcionara á industria farmacéutica unha ganancia de máis de 100 millóns de euros anuais aos laboratorios farmacéuticos.
- Malia estas consideracións queremos advertir que a Axencia Europea do Medicamento está revisando os anticonceptivos, de 3ª e 4ª xeración, debido a que diferentes estudos confirman o incremento de efectos adversos cardiovasculares nas mulleres que os toman, en relación cos anticonceptivos tradicionais.
- Por iso consideramos necesario que, en espera das conclusións da avaliación dos seus efectos adversos, a administración debería limitar ou suspender a comercialización destes medicamentos substituíndoos por outros sen efectos secundarios comprobados, financiados con fondos públicos.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: