11 jul 2013
12 graves denuncias a POVISA que non poden pasar desapercibidas
O 1 de xullo, coñecíamos a través dalgúns medios de comunicación a denuncia da deputada no Parlamento de Galicia, María Consuelo Martínez, de feitos moi graves que estaban sucedendo en POVISA. A día de hoxe non ten habido resposta ningunha por parte da Xunta. O goberno que teoricamente debería asumir a responsabilidade da xestión dos servizos de saúde cala. Tampouco polo que toca a empresa ten habido reacción algunha. Como interpretar este mutis polo foro? Indudablemente se eses datos non fosen certos, aos usuarios e usuarias dese centro privado a administración e a empresa tería que darnos algunha explicación tranquilizadora. Como isto, insistimos non se produciu, só nos queda pensar que as denuncias deben ser certas, pois que se saiba a difamación e a calumnia aínda non teñen sido borradas do Código Penal.
Estas son as 12 denuncias que poidemos recabar nos medios dixitais, xa que os de papel non se prodigaron tanto e a TVG entrou tan superficialmente que non dixo nada. Reflexionemos e digamos se aquí non hai materia de delito contra a saúde pública:
Estas son as 12 denuncias que poidemos recabar nos medios dixitais, xa que os de papel non se prodigaron tanto e a TVG entrou tan superficialmente que non dixo nada. Reflexionemos e digamos se aquí non hai materia de delito contra a saúde pública:
- tardáronse máis de dez días en declarar un brote de meninxite por fallos de protocolo
- púxose a un paciente en aillamiento en contacto con persoal sanitario e outros pacientes ata que o persoal percibiu a situación
- alumnos da escola universitaria de POVISA teñen asumido tarefas propias dos profesionais (administración dunha dose do dobre da prescrita nun caso que estaba supervisado por un alumno de enfermería)
- paciente que chega a quirófano co preoperatorio caducado e non se pode intervir ao non dispor de sangue para realizar a operación
- confusión en pacientes que coinciden en nome e apelidos
- servizos que se quedan sen personal durante horas, como, por exemplo, a unidade de queimados (un só enfermeiro é sustituido por un auxiliar nos seus descansos diarios)
- reducción do nivel de discapacidade dun paciente para non ter que proporcionarlle un colchón anti-escaras
- as actividades programadas comparten médico con urxencias
- incidencias presentadas só no mes de febreiro deste ano:
- o 73% afectaron ao paciente
- un 4,3% puido causar danos ou a prolongación da estancia hospitalaria
- no caixetín dun paciente figuraba a medicación de outro
- a ausencia de fisioterapeuta e a inexperiencia en cuidados de EPOC levou no mes de referencia á UCI a un paciente por unha grave insuficiencia respiratoria
- producíronse luxacións de cadril en recén operados ao non seren tratados cos cuidados precisos

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: