5 abr 2013
Privatización dos laboratorios dos hospitais galegos
Segundo información contrastada pola Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, a Conselleria de Sanidade pretende centralizar nunha empresa privada a parte da tecnoloxías máis avanzadas e innovadoras dos laboratorios dos Hospitais Públicos de Galicia.
Para iso convocou un concurso para adxudicar estas probas e técnicas, ao que concorren 6 laboratorios privados de todo o Estado, que van obter importantes beneficios económicos ao apropiarse da parte máis innovadora dos laboratorios do SERGAS.
Como consecuencia, os laboratorios dos hospitais públicos permanecerán de costas ao desenlordo tecnolóxico e quedarán limitados a realizar probas rutineiras e condenados á obsolescencia. Esta medida supón un novo e importante paso na senda da descapitalización, desmantelamento e privatización do sistema sanitario público galego desenvolvida pola Xunta de Galicia.
A AGDSP apoia a postura de rexeitamento dos xefes de servizo dos laboratorios dos hospitais públicos de Galicia e esixe á Consellería que suspenda o Concurso antes da súa resolución definitiva (atrasada probablemente por problemas de solvencia das empresas privadas en liza).
Advertimos tamén sobre o risco de que a adxudicación concédase a empresas con presenza dalgúns personaxes do PP, como xa está ocorrendo na CCAA de Madrid. e facemos un chamamento ás Plataformas e organizacións de SOS Sanidade Pública e aos parlamentarios da oposición, para que se leven a cabo medidas que freen esta nova agresión á sanidade pública de Galicia.

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: