20 feb 2013

postheadericon Contra o peche dos servizos de garda nos centros penitenciarios

Ante o anuncio de que a Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias pretende suprimir as gardas médicas de presenza física nalgúns Centros Penitenciarios, para aforrar xesto por culpa da crise, a Plataforma SOS Sanidade Pública, quere comunicar que:
  1. Compartimos a preocupación e rexeitamento expresado pola SOCIEDADE ESPAÑOLA DE SANIDADE PENITENCIARIA que atribuía esta medida á vontade de aforro orzamentario da administración , xa que non estivo precedida de ningún estudo nin foi consensuada os profesionais da Sanidade Penitenciaria.
  2. Empeorará a saúde da poboación recluída, atentando contra o dereito á saúde das persoas privadas de liberdade.
  3. Vulnerará o dereito a unha atención sanitaria en condicións de respecto ao resto da poboación.
  4. Terá serias repercusións para a saúde dun colectivo moi vulnerable dado que entre eles danse con maior intensidade problemas de consumo de drogas, VIH, enfermidades transmisibles, etc e as prisións están na súa maioría a bastantes quilómetros de distancia dun Centro Hospitalario polo que a ausencia de servizo atrasará a asistencia médica de urxencias desta colectivo.  A distancia en tempo de Teixeiro A Coruña son 40 minutos , a  Santiago unha hora, a Lugo 45 minutos, En   A Lama, dende Vigo  son 47 minutos e dende Pontevedra son 34 minutos; Pereiro , dende Ourense son 20 minutos.Monterroso , dende Lugo, 37 minutos e Bonxe , 23 minutos
  5. Deixará a decisión sobre unha atención médica inmediata dun interno en mans dos funcionarios, función para a que non están capacitados.
  6. Paradóxicamente a supresión das gardas incrementará o gasto sanitario dado que a actuación destes servizos fan innecesarios moitos traslados a Centros Hospitalarios de referencia
  7. Exisimos a integración da sanidade penitenciaria nos respectivos servizos públicos sanitarios a fin de evitar as diferenzas asistenciais existentes, en cumprimento do previsto na Ley de Cohesion del Sistema Nacional de Salud.
En Galicia, a 18 de febreiro do 2013

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger