3 feb 2013

postheadericon A enquisa de Povisa é un fraude

Tras a publicación dos resultados da enquisa bianual que realiza POVISA (1) da que pretende concluir que practicamente todos os usuarios e usuarias preferirían este hospital privado se houbese libre elección, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas quere manifestar:
  1. Que malia os intentos de limpeza de fachada os datos son tercos, xa que no último trimestre de 2012 o tempo de espera medio para os pacientes de POVISA foi en cirurxía moito máis do dobre que para os do resto dos hospitais de Galicia.
  2. Que a enquisa encargada á empresa Contactnova-Callcenter non é absoluto independiente, xa que Marcelino Otero López, que forma parte dese grupo empresarial, é ademais presidente do Círculo de Empresarios de Galicia, cuxo cargo de vicepresidente é ocupado por José Bernando Silveira, propietario do hospital POVISA. (2)
  3. Resulta ridículo, por non dicir un insulto á intelixencia dos pacientes (que padecemos POVISA), que se vincule a presunta valoración positiva das persoas preguntadas coa supresión dos cuartos de tres camas, un gran logro con respecto da situación anterior, é certo, pero que se queda ben curto se temos en conta que no proxecto inicial Novo Hospital de Vigo estaba prevista unha habitación por paciente.
  4. Que os datos, tal como se menciona na información difundida por POVISA, foron recollidos entre pacientes de especialidades e ingresados nos días da realización da enquisa, nunha situación de dependencia absoluta con respecto da empresa. Polo tanto, está clara a intención publicitaria dun sondeo fraudulento, pensado para manter unha poboación cautiva que se utiliza como refén co fin de perpetuar o negocio.
Cangas, 30 de xaneiro de 2.013
(1) http://revista.povisa.es/?m=201301
(2) http://clubfinancierovigo.com/gobierno.asp

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger