16 ene 2013
Impresionante o recorte en atención ás drogodependencias nos orzamentos da Xunta para 2.013
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas considera que os recortes ás Unidades de Atención ás Drogodependencias que a Xunta pretende aprobar nos orzamentos de 2.013, terán unhas consecuencias catastróficas.
Os investimentos previstos no proxecto de orzamentos que se está a discutir nestes días no Parlamento de Galicia, descende en 2.091.469 euros a respecto de 2.012 e representa un 40% menos do que se anunciara para 2.011.
A Unidade de Drogodependencias de Cangas está entre as afectadas, xa que forma parte do conxunto de 13 dispositivos deste tipo situados en distintas cidades e cabeceiras de comarca de toda Galicia.
O enorme recorte significa na práctica a gradual extinción, polo procedemento de gasificación silenciosa, destes dispositivos clave para atender ás persoas que precisan de atención en Cangas e nos concellos do entorno, así como para desenvolver as campañas de prevención e concienciación, especialmente, entre a xuventude e os colectivos sociais máis vulnerables.
Con estas cifras, que o proxecto de orzamentos lle quere asignar á FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias), vai ser practicamente imposible que os concellos poidan afrontar os gastos dos traballadores das Unidades de Atención ás Drogodependencias. Sen o persoal cualificado que está á fronte delas, está claro que os servizos irremisiblemente desaparecerán.
Unha vez máis os perxudicados polas crueis políticas neoliberais dos saqueadores do público que están instalados en San Caetano son os que máis o necesitan.
Cangas, 17 de xaneiro de 2.013

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: