27 ene 2013
AGDSP critica o estudo interno de Povisa
Tras a información publicada recentemente nos medios de comunicación, a respecto das conclusións dun "estudo interno" que pretende avaliar a alta satisfacción dos usuarios da Área Sanitaria de Povisa, de forma que volverían elixir ese centro sanitario privado de existir libre elección, mesmo a pesar de estar afectados por unha lista de espera que triplica a media dos hospitais de Galicia, a AGDSP quere comunicar:
Dende a AGDSP cuestionamos a validez do estudo de satisfacción do centro sanitario, tanto pola súa calidade metodolóxica coma polos fortes intereses cruzados existentes, ademais de manifestar a nosa preocupación pola desprotección dos datos máis sensibles da poboación galega, que remataron en mans dun fondo de capital risco.
- Non dispoñemos de datos que avalen a calidade do estudo de satisfacción, pero chama a atención que unicamente se considerasen válidas o 29% das enquisas realizadas (400 de 1380) polo que a súa metodoloxía parece máis que dubidosa.
- A devandita empresa, Contactnova-Callcenter, pertence a unha sociedade de capital risco, Netaccede S.C.R e a Novagalicia Banco.
- O representante da sociedade, Netaccede é o ex directivo de Deloitte, Marcelino Otero López, á súa vez presidente do Círculo de Empresarios de Galicia-Club Financeiro Vigo, onde comparte mesa co propietario do Hospital Povisa, José Bernardo Silveira, Gregorio Gorriarán (Caixanova) e Jaime del Olmo (Deloitte).
- Contactnova-Callcenter é a empresa á que a Xunta de Galicia adxudicou o "Servizo de atención e información á poboación "012" polo que o seu propietario, o fondo de investimento Netaccede, dispón de toda a información relevante da poboación galega, incluíndo os datos fiscais, laborais, sanitarios, afectivo-sexuais (servizo "quérote") ou de violencia de xénero.
Dende a AGDSP cuestionamos a validez do estudo de satisfacción do centro sanitario, tanto pola súa calidade metodolóxica coma polos fortes intereses cruzados existentes, ademais de manifestar a nosa preocupación pola desprotección dos datos máis sensibles da poboación galega, que remataron en mans dun fondo de capital risco.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: