18 dic 2012
SOS Sanidade Pública sobre o debate da ILP hoxe no Parlamento
A Plataforma SOS Sanidade Pública que integra ás 17 Plataformas para a Defensa da Sanidade Pública de toda Galicia e a decenas de organizacións, veciñais, de enfermos e consumidores; ONGs; sindicatos; asociacións profesionais; partidos políticos; Concellos; etc, , presentou hoxe día 18 de decembro unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) en Defensa da Sanidade Pública, co respaldo de máis de 45.000 firmas.
Os contidos do Proxecto de Lei da ILP foron:
A presentación da ILP no Parlamento foi apoiada cunha concentración das Plataformas fronte ao Parlamento, ante as que o portavoz de SOS reiterou o compromiso de todos de seguir mobilizando a toda a sociedade galega en contra dos recortes e desmantelamento da sanidade pública.
PLATAFORMA SOS SANIDADE PÚBLICA
Os contidos do Proxecto de Lei da ILP foron:
- A defensa do carácter público da sanidade como garantía do dereito á saúde
- Garantir a xestión pública e directa dos servizos sanitarios e o rexeitamento ás formas de financiamento e xestión privada
- Incrementar a capacidade resolutiva da Atención Primaria mellorando os seus recursos e o acceso ás tecnoloxías diagnósticas..
- Mantemento do modelo descentralizado do sistema sanitario galego a través das áreas sanitarias, como espazos para a planificación, asignación e xestión integral dos recursos en base ás necesidades sanitarias da poboación e coa súa participación activa.
A presentación da ILP no Parlamento foi apoiada cunha concentración das Plataformas fronte ao Parlamento, ante as que o portavoz de SOS reiterou o compromiso de todos de seguir mobilizando a toda a sociedade galega en contra dos recortes e desmantelamento da sanidade pública.
PLATAFORMA SOS SANIDADE PÚBLICA
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: