12 nov 2012

postheadericon Cando as barbas do teu veciño...

O proxecto de orzamentos da Comunidade de Madrid prevé darlle o penúltimo machadazo aos hospitais públicos de Madrid, privatizando totalmente os seis hospitais semiprivados que se construíron co modelo PFI (como o previsto para Vigo) e pechando o hospital da Princesa para convertelo nun xeriatrico.
Por suposto isto vén de antigo, desde que en 2001 Madrid asumise as transferencias todos os pasos que deu o goberno do PP foron cara á privatización do sistema sanitario público, e trátase dunha aposta estratéxica e ideolóxica.

Estratéxica porque entra dentro do proxecto de eliminación dos servizos públicos, do adelgazamento do Estado que pretende o neoliberalismo `para ampliar o seu campo de negocios (a sanidade é un campo economicamente moi importante para deixalo en mans do Estado), e ideolóxica porque os seus proxectos de sustentan en pura ideoloxía sen ningunha evidencias empírica: nin o mercado é máis eficiente para prover servizos sanitarios, senón todo o contrario, nin mellora a saúde da poboación (favorece as desigualdades e a exclusións) e nin sequera a xestión privada e todos os seus artefactos (concesións, fundacións, PFI, etc) demostraron diminuír os custos (máis ben multiplícanos por 7 ou 8), mellorar a eficacia e calidade dos servizos sanitarios (habitualmente empeoran), e á vez deterioran as condicións laborais e de practícaa profesional dos sanitarios.
Cando se iniciou o proceso víase vir cara a onde avanzabamos e xa o sinalamos desde a Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública (FADSP)  nese momento, desgraciadamente acertamos e agora aparece a realidade con case toda a súa crueza, porque aínda quedan centros por privatizar e o ataque que se fai á atención primaria esta dando os seus primeiros pasos.
Por sorte, está habendo unha contestación importante entre os profesionais sanitarios e entre a poboación, porque resulta incomprensible por exemplo o caso do Hospital da Princesa, un gran centro hospitalario, cheo de servizos de referencia, de profesionais, tecnoloxía e equipamentos punteiros que pretenden tirarse ao lixo só para favorecer os intereses dos donos dos hospitais privados aos que non queren ir os madrileños e aos que se pretende que queden sen outra opción, E o mesmo sucede cos hospitais semiprivados PFI, que logo de malgastar o diñeiro para financiar ás construtoras, agora quérense deixar en mans totalmente privadas, deteriorando aínda máis a súa calidade e a súa capacidade de responder ás necesidades asistenciais da cidadanía.
Queda claro que a política do PP é pór impostos sobre a enfermidade (copagos) aos máis pobres e máis enfermos para sufragar os negocios empresariais dalgúns amigos e de paso destruíndo o mellor sistema sanitario que tivemos neste país e que tiña un gran aprecio da poboación e dos profesionais e un gran recoñecemento internacional.
O que o PP experimenta en Madrid ou en Galicia acaba xeneralizándoo o resto do Estado.
Non debemos de consentilo.
Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger