15 nov 2012

postheadericon A AGDSP valora como exitosa a folga xeral

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública ante o éxito en Galicia e en todo o Estado da Folga Xeral contra da política do Goberno de Mariano Rajoy e de Núñez Feijoo quere comunicar:
  1. Que os millóns de traballadores/as e cidadáns/as que foron á folga en todo o Estado e acudiron ás manifestacións respondido ao chamamento dos sindicatos, fixérono para manifestar o seu rexeitamento e hartazgo cunha política de recortes de dereitos laborais, educativos, sanitarios e de protección social, que está levando ao pais á ruína e á cidadanía á desesperación.
  2. Consideramos que a unidade sindical ao convocar a Folga e a Constitución da Alianza Social Gallgea como proposta estratéxica de colaboración entre sindicatos e organizacións sociais na defensa do Estado de Benestar,  tivo moito que ver con que a mobilización en Galicia sexa das máis exitosas do Estado.
  3. Consideramos que o desmantelamento e privatización da sanidade pública tivo un papel importante na gran mobilización.
  4. A pesar dos servizos mínimos abusivos e as presións da administración, que tergiversan e manipulan as cifras de participación, miles de profesionais e traballadores sanitarios sumáronse ao paro e á protesta nos hospitais e centros de saúde. Estas son unha continuidades das mobilizacións que levamos realizando as Plataformas para a Defensa da Sanidade Pública creadas en toda Galicia e integradas en SOS Sanidade Pública, contra a destrución e provatización dos servizos sanitarios públicos.
  5. Facemos un chamamento para manter a mobilización e a alianza sindical, profesional , cidadá e política en contra do desmantelamento do Estado do Benestar.. Esta Folga debe ser o principio do fin do experimento neoliberal de pór a todo o país ao servizo dos bancos e especuladores nacionais e internacionais.
Hai outra alternativa a esta política.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger