11 sept 2012

postheadericon Resposta da AGDSP á Consellería sobre o fracaso do PFI no Novo Hospital de Vigo

Ante a resposta da Xunta nalgúns medios de comunicación á rolda de prensa realizada onte pola Asociacion para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo, queremos facer as seguintes precisións :
  1. Iniciouse a obra sen proxecto definitivo de execución aprobado polo SERGAS, a empresa concesionaria declara e reclama sobrecustos de 8 millóns de euros na pilotaxe da obra, negóciase cos servizos do Hospital unha redución do proxecto orixinal para manter o equilibrio económico-financeiro da concesión que contempla sobrecustos e beneficios elevadísimos, paralízase a obra pola incapacidade da empresa concesionaria para financiar o proxecto.
  2. A obra está paralizada pola incapacidade da empresa concesionaria para financiar o proxecto, debendo ser a propia Xunta a que actúe como promotor e avalista dun crédito ante o Banco Europeo de Investimentos de ata 180 millóns de euros, condicionado a que a empresa obteña o resto do financiamento cun grupo de bancos entre os que está Novagalicia banco ( será co diñeiro das preferentes ou co do rescate do FROB? ) e o Instituto de Crédito Oficial ( (ICO ), e a que se cumpran os condicionamentos do propio BEI e a normativa comunitaria. O crédito está aprobado pero non asinado desde fai máis dun ano, negóciase pero non se formaliza.
  3. Ratifícase a paralización do proxecto por falta de financiamento, consecuencia do modelo elixido polo goberno da Xunta para privatizar o Novo Hospital de Vigo.
  4. A pesar de que o contrato é a risco e ventura da concesionaria podería darse o caso de que o proxecto financiásese fundamentalmente pola intermediación da Xunta a través do BEI e do Instituto de Crédito Oficial.
  5. Estanse producindo alteracións substanciais no financiamento e nas hipóteses básicas do contrato, xa que é a Xunta a que debe garantir a viabilidade económico financeira do proxecto ante a incapacidade da empresa concesionaria, o que fai xa necesario cambiar o modelo actual de financiamento e xestión privada por outro de financiamento e xestión públicas. É necesario denunciar o contrato e rescatar a concesión para o patrimonio público.
  6. A pesar de que a Xunta declare que actúa como espectador, a realidade, segundo as súas propias declaracións é que avala e garante o financiamento ante o BEI e posiblemente o ICO, polo que de acordo cos criterios SEC e a lei de estabilidade Orzamentaria, debese computar como débeda nas contas públicas. De todos os xeitos serán os organismos comunitarios competentes e a Intervención Xeral do Estado a quen corresponde a cualificación.
  7. A isto hai que engadir as reducións do proxecto orixinal que se están operando para adaptalo ás necesidades económicas da concesionaria que, de confirmarse, vulnerarían os pregos de condicións e o Proxecto Sectorial.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger