9 ago 2012
Concentración en Cangas: temos que unir as nosas loitas
A semana que vén suprimirase o subsidio de 456 euros que perciben os desempregados de longa duración. En Galicia a medida afectarálle a uns 80.000 parados que se irán a unir aos 100.000 que neste momento non perciben ningunha axuda. No sector educativo, para o próximo curso as escolas e institutos galegos contarán con 1.200 profesores menos. Tamén se anuncia o plan do goberno para despedir a centos de miles de empregados públicos no Estado Español. Son apenas un par de pinceladas do cadro social que pinta un goberno inspirado na apocalíptica paisaxe do modelo neoliberal patrocinado polos poderes financieiros e económicos de escala global que tentan implantar a lei da selva.
Pero, @s que defendemos a sanidade pública, o ensino, a cultura,..., @s que defendemos os nosos dereitos laborais, as nosas pensións,..., @s que loitamos contra as estafas bancarias, @s que queremos a xustiza social e rematar coa corrupción somos a maioría e podemos pararlles os pés
TOD@S ESTAMOS NO MESMO BARCO E TEMOS QUE UNIR AS NOSAS LOITAS.

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: