10 ago 2012
A AGDSP denuncia a falsidade no financiamento da sanidade polos inmigrantes ilegais
Ante as declaracións de diferentes responsables gobernamentais nos que se pretende xustificar a supresión do dereito á asistencia sanitaria aos inmigrantes sen papeis (e a introdución de seguros privados para acceder á atención de saúde) a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar que:
- Estas declaracións supoñen un intento de xustificar a retirada dun dereito humano básico a un colectivo de persoas especialmente vulnerable económica e socialmente, recorrendo a argumentos demagóxicos que poden fomentar o enfrontamento e o rexeitamento social cara aos inmigrantes, algo moi perigoso na actual situación de crise.
- É absolutamente falso que os inmigrantes sen papeis non realicen achegas económicas para manter a sanidade pública (argumento co que se pretende que a poboación apoie o que se lles retire o dereito á atención sanitaria contemplado na Constitución), xa que o financiamento sanitario realízase en gran parte cunha serie de impostos que gravan o consumo nas diferentes Comunidades Autónomas:
- 35% do IVE recadado
- 100% dos impostos polo xogo
- 40% dos impostos especiais que gravan o consumo de cervexa, alcois e bebidas derivadas, e labores do tabaco.
- 100% do imposto de matriculación
- 100% do imposto de electricidade
- o chamado céntimo sanitario por consumo de gasolinas.
- A práctica totalidade destes impostos graban aos inmigrantes a través do consumo que realizan nas mesmas condiciones que o resto de cidadáns das diferentes CCAA.
- Esta estratexia do PP e do Goberno mostran o carácter reaccionario e mentireiro do goberno e do PP que os sostén, que non soamente pretenden a retirar ao colectivo de inmigrantes o dereito á saúde contemplado na Constitución senón que non dubidan en utilizar para xustificalo argumentos falsos e xenófobos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: