19 jul 2012

postheadericon Nota de Prensa: A Plataforma cre que a Consellería fumou os cartos do centro de saúde de Aldán-O Hío en millonarias campañas publicitarias de autobombo

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas, visto que nos terreos do Viso non se ten movido unha pedra nos últimos seis meses, non lle cabe outra opción que pensar que a cantidade de 270.859,50 euros que estaban destinados nos orzamentos de 2012 para comezar a construción do centro de saúde de Aldán-O Hío, teña sido desviada para as campañas publicitarias de autobombo da Consellería de Sanidade, algunha das cales este ano de forte crise acadaron a escandalosa cifra de máis de dous millóns de euros. Un ano no que, ademáis, para "aforrar" se implantaron varios copagos na área sanitaria.
Os gastos de publicidade institucional son, na maioría dos casos, pagos de favor que, utilizando fondos públicos, van beneficiar ás empresas "amigas"; favor que máis tarde se espera que teña un retorno nas campañas electorais correspondentes en forma dun trato favorable para o partido do poder establecido como cliente privilexiado.

Polo tanto, consideramos que esta prática de colocar os intereses partidistas por diante das necesidades da cidadanía é totalmente reprobable e dá a medida do tipo de xente que nos está gobernando á que só lle importa manterse na poltrona chova ou faga calor.
Tampouco consideramos admisible, nestes momentos de crise, cando, se cabe, terían os xestores políticos que ser máis rigurosos que nunca, que se ande xogando tan alegremente co diñeiro público, pois entre a cantidade que afirma o Sr. Alcalde que hai para o centro de saúde e a que está consignada nos orzamentos hai unha diferencia considerable que non se pode pasar por alto.
Desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública esiximos que a Consellería o SERGAS ou quen sexa ten que dar a cara aos veciños e veciñas do Hío, que pagan os seus impostos como todo o mundo, e non saír pola porta de atrás, dando contas públicamente de onde foi parar a cantidade presupostada e que insistimos é de 270.859,50 euros e ningunha outra cantidade e para demostralo está o documento orzamentario aprobado polo Parlamento de Galicia o pasado mes de decembro.
Finalmente reiterar que a Plataforma desde a súa constitución hai dous anos, cando aínda o Sr. Sotelo non era Alcalde, conta cunha táboa reivindicativa na que está a construción do centro de saúde de Aldán-O Hío polo que loita e o seguirá facendo ata ver conseguido ese obxectivo. Son veciños e veciñas do Hío os que están detrás da pancarta, pero ademáis están fartos das mentiras e enredos da Consellería que se fumou os cartos para o centro de saúde en millonarias campañas publicitarias de autobombo e dun Alcalde que nas pasadas eleccións municipais comprometeuse a facer os esforzos para construír esa infraestrutura e agora está a facer todo o contrario.
Cangas, 18 de xullo de 2012

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger