22 jul 2012

postheadericon A AGDSP sobre o cambio na lei do aborto

Ante as declaracións do Ministro de Xustiza Ruiz Gallardon de que o Goberno Central pretende modificar a Lei do Aborto para obrigar ás mulleres a dar a luz a fetos con graves malformacións e deficiencias, a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública quere comunicar
  1. Que esta medida suporía un gravísimo atentado contra a liberdade das mulleres ás que se obrigaría, contra a súa vontade, a manter embarazos a pesar de que as probas e revisións médicas demostrasen graves taras e malformacións nos fetos
  2. Este cambio lexislativos crearía un gravísimo problema de saúde para moitas mulleres que terían que saír ao estranxeiro para interromper os seus embarazos con problemas ou facelo de manera clandestina no país sen as debidas garantías sanitarias. Este último suposto afectaría ás mulleres con menos recursos socioeconómicos cuxo número incrementar brutalmente como consecuencia da crise
  3. Entendemos que detrás desta decisión está a ideoloxía conservadora dun goberno que pretende satisfacer as demandas dos grupos relixiosos máis ultras e radicais. O PP pretende reintroducir un modelo de relacións políticos, sociais, laborais que parecía superado pola historia.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger