11 jul 2012

postheadericon Manifesto contra os recortes e privatizacións na Sanidade Pública galega

As organizacións asinantes de PASOVigo - Plataforma Accesibilidade Solidaria de Vigo - temen que parte das persoas minusválidas e con enfermidades crónicas e outros colectivos que viven en Galicia queden sen cobertura sanitaria.
Alertamos ao colectivo e á cidadanía en xeral ante as próximas consecuencias da aplicación do Real Decreto Lei de medidas urxentes para garantir a sostibilidade do Sistema Nacional de Saúde (RD. 16/2012), aprobado recentemente no Congreso dos Deputados, e que eleva do 33% ao 65% o grao de minusvalidez necesario para poder acceder á Seguridade Social.
Formulamos o noso temor a que esta medida deixe sen cobertura sanitaria a parte do colectivo de persoas minusválidas e enfermos crónicos.
E rexeitamos que se suprima o dereito á asistencia sanitaria universal.

  1. Entendemos que os contidos do decreto introducen cambios fundamentais no sistema sanitario público: atentan contra a universalidade, a accesibilidade, a equidade e o carácter redistributivo.
  2. lertamos porque as medidas de recorte afectan especialmente ao colectivo de persoas con enfermidades crónicas e discapacitantes, que verá reducidos os coidados e atencións que necesita, verá obstaculizado de xeito moi importante o acceso aos servizos e sufrirá unha gran mingua nos seus, a miúdo, limitados recursos económicos, a súa independencia e a súa autonomía persoal.
  3. Alertamos porque estas persoas deberán agora aboar un seguro privado para poder obter a prestación de asistencia sanitaria. Ademais, os devanditos seguros privados rexeitan cubrir o tratamento nin os derivados como a rehabilitación cando a enfermidade xa está establecida.
  4. Rexeitamos a limitación da asistencia sanitaria resultante da creación de tres carteiras de Servizos: unha básica e limitada, outra complementaria suxeita a aseguramento e copagamento e outras suplementaria en función da capacidade de cada Comunidade Autónoma, porque crea un sistema dual en función da capacidade económica persoal, incrementa as desigualdades e limita o dereito Universal á atención de Saúde consagrado na Lei Xeral de Sanidade.
  5. Consideramos inaceptable un sistema de copagamentos agresivo sobre os pensionistas e os enfermos crónicos aos que se vai dificultar e en moitos casos impedindo na practica o acceso a prestacións sanitarias indispensables e que empeorará de xeito importante o seu nivel de saúde.
Rexeitamos e denunciamos as medidas de copagamento do Real Decreto, por exemplo para:
  • O transporte: o Real Decreto Lei obriga agora aquelas persoas usuarias do transporte sanitario non urxente que precisan para acudir a consultas, realizar probas diagnósticas, recibir tratamento ou rehabilitación, a aboar unha porcentaxe deste servizo, imprescindible en moitas ocasións para os seus traslados.
  • A prestación ortoprotésica: ao igual que acontecerá co transporte non urxente, tamén quedará fóra da carteira básica de servizos, polo que as persoas con minusvalidez tampouco terán garantido este servizo de forma gratuíta, e baixo o que recae, por exemplo, a adquisición de cadeiras de rodas.
  • Os tratamentos crónicos relacionados coa deficiencia producida pola minusvalidez necesaria na súa vida diaria.
  • As dietas especiais para enfermidades que limitan a capacidade de alimentación normal.
  • Os medicamentos aos pensionistas cando a media cobra menos de 650 euros ao mes (o 75% cobran menos de 1000).
Así mesmo, recordamos que pola súa parte, as persoas con minusvalidez e as súas familias soportan a maiores unha carga económica como reflicten os estudos. Por todo iso esiximos que se revogue o RD.
Entendemos que se hai necesidade de aforrar 7.000 millóns de euros se poñan en marcha medidas para racionalizar o gasto sanitario controlando a industria farmacéutica e de alta tecnoloxía, recobrando os impostos que agravaban as rendas máis elevadas e combatendo a fraude fiscal, entre outras medidas igualitarias.
Instamos as autoridades sanitarias a reunirse cos axentes sociais para consensuar medidas que garantan a continuidade do Sistema nacional de Saúde sen que se vexan prexudicadas as persoas.

Quen somos?
As organizacións que compoñen a Plataforma Pasovigo e que subscribimos o presente manifesto son perfectamente coñecedoras da situación socio-sanitario de numerosos colectivos de persoas afectadas por enfermidades crónicas e/ou discapacitantes, - físicas, intelectuais, mentais e sensoriais - que precisan atención médica, coidados, axudas técnicas e tratamentos continuados. Este coñecemento fainos conscientes da importancia dos cambios e da necesidade de intervir a favor do benestar social no seu conxunto.
Membros da Plataforma PASO Vigo asinantes (por orde alfabética): AFAGA (Alzheimer) 'AGHADEMO' (hemofilia); 'ALENTO' (dano cerebral); 'ALMIF' (Lesionados medulares); APAMP (parálise Cerebral) 'ASEM GALICIA' (Enfermidades neuromusculares); 'ASPANAEX' (Minusvalidez intelectual); 'ASPAVI' (Minusvalidez intelectual); AVEMPO (esclerose); 'COGAMI PONTEVEDRA' (minusvalidez física); 'HOY POR MAÑANA' (parálise cerebral); 'FUNDACIÓN QUINESIA'; 'FUNDACIÓN MENELA' (autismo); 'FUNDACIÓN SALVORA'; 'Asociación de SORDOS'...

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger