12 jul 2012

postheadericon A AGDSP en contra dos novos recortes

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública ante a convocatoria de mobilizacións convocadas polos sindicatos en Galicia para rexeitar os recortes impostos polo Goberno, ten que sinalar:
  1. Este recortes supoñen unha gravísima agresión para os dereitos dos traballadores públicos e para o conxunto da poboación, que afondan  sobre recortes anteriores (subida do IRPF, copagos sanitarios e educativos, aumentos dos prezos nos servizos públicos, recortes en dependencia, etc)
  2. A política de recortes indiscriminados e continuados supón unha actuación suicida que levará a Galicia á ruína e a unha crise permanente que incrementara o paro, deprimirá a economía e deteriorará aínda máis os servizos públicos, especialmente os sanitarios.
  3. A Sanidade Pública esta sufrindo importantes agresións que son o resultado dos recortes de recursos e do deterioro das condicións de traballo dos profesionais, que repercuten negativamente na calidade da atención. O mesmo tempo as privatizacións encarecen os custos do servizo e os copagos de medicamentos, transporte, dietas, próteses, etc, dificultan a accesibilidade dos cidadáns ao sistema sanitario público, especialmente dos máis enfermos.
  4. O Goberno esta tomando medidas equivocadas que son inxustas, que deterioran os servizos públicos e que penalizan aos sectores sociais mais débiles (con menor renda, máis enfermos, discapacitados, que viven na área rural, etc.) mentres que se respectan os beneficios das grandes empresas e dos bancos.
Por todo iso facemos un chamamento a profesionais sanitarios e cidadáns a participar activamente nas convocatorias de mobilizacións unitarias contra os recortes.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger