30 jun 2012

postheadericon A AGDSP diante da renuncia de Núñez Feijoo ao financiamento privado

Ante as declaracións do presidente da Xunta de Galicia Núñez Feijoo de que renuncia á fórmula de financiamento privado (PFI) para construír 15 centros de saúde e a ampliación do Hospital do Salnés para evitar o aumento dos pagos aprazados da Comunidade Autónoma (multiplicaba por sete o custo dos centros) a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar que:
  1. Consideramos esta decisión corrobora a tese que vimos sostendo pola Asociación galega para a Defensa da Sanidade Pública e a Plataforma SOS Sanidade Pública dende fai anos, de que o financiamento privado multiplica innecesariamente o custo dos centros sanitarios que pode chegar a pór en risco a sustentabilidade do sistema sanitario público.
  2. En base a esta evidencia reiteramos a nosa denuncia de que os problemas asociados á continuidade das obras do Novo hospital de Vigo e da ampliación do Hospital Montecelo de Pontevedra, teñen que ver coa decisión de Núñez Feijoo de financialos e construílos recorrendo á iniciativa privada. A construción de ambos os centros levan case tres anos de atraso e advertimos que estas obras nunca serán rematadas se non se cambia de modelo polos altísimos custos da PFI.
  3. Esiximos da Xunta de Galicia que rescate inmediatamente a Concesión das obras do Novo Hospital de Vigo (asignadas a un consorcio de empresas constases e bancos privados por Price Waterhause Cooper a Bankia e Caixa de Aforros do Mediterráneo e a diferentes empresas construtoras), para garantir que o proxecto do Hospital de Vigo sexa terminado en tempo e forma.
  4. Esta decisión vén demostrar unha vez máis a veracidade dos nosos argumentos en contra do financiamento privado das novas infraestruturas sanitarias e as mentiras da Xunta respecto diso.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger