23 may 2012
A saúde como negocio
Pablo Vaamonde
Neste tempo de incertezas sobre o noso futuro colectivo, Edicións Laiovento ven de publicar o libro “A saúde como negocio”, no que se describe a situación actual da sanidade pública, analízanse as actuacións realizadas polos actuais gobernantes e faise unha valoración das consecuencias negativas que estas intervencións poden ter para a sustentabilidade do sistema sanitario no porvir inmediato.Trátase dun libro colectivo. Os seus autores son Mª Luísa Lores, Manuel Martín, Jesús Rey, Marciano Sánchez-Bayle e Pablo Vaamonde, todos eles persoas comprometidas coa defensa da sanidade pública. É un texto oportuno e necesario, que aporta información obxectiva, argumentos e análises para explicar como é posible facer outras políticas que, na vez de deteriorar e pór en risco o sistema público, procuren a súa mellora e consolidación.
Publicado por Pavillón de Repouso

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: