15 may 2012
A Rolda un éxito de asistencia e participación
A Rolda en Defensa da Sanidade Pública, organizada polas plataformas de Cangas e Moaña, e que tiña por obxecto principal facer unha lectura colectiva da "Iniciativa Lexislativa Popular en defensa e promoción da Sanidade Pública", deu comezo coas notas que puxo no ambiente da Praza do Concello de Cangas a gaita de Iván Costa. Ecoaron aires de rebeldía contra os que nos queren expropiar a Sanidade Pública para entregarlla aos negociantes da saúde de todos e todas nós.
As plataformas estivemos alí participando na programación das xornadas programadas polo colectivo 15M do Morrazo, compartindo a toma das rúas e das prazas nesta primavera global de loita pola democracia participativa e pola xustiza social.
Como se sinalou na presentación, este acto tentou contribuir a erguer ese gran dique social indispensable para facer fronte ao tsunami de privatizacións, copagos, repagos e recortes que nos asulagan, ameazando gravemente o futuro dos servizos públicos gratuítos e universais tal como os coñecemos hoxe en día, e que son resultado de conquistas históricas tras longas loitas dos de abaixo, do 99%, para ter unha vida digna e máis igualitaria.
Os organizadores vímonos totalmente superados pola entusiástica acollida que tivo este acto e, por iso, o texto da Iniciativa Lexislativa Popular foi finalmente lido por un grupo dos participantes en nome de todos e todas.
Un debate aberto sobre os recortes e privatizacións na sanidade pública pecharía unha xornada que constituiu un éxito tanto pola asistencia de público como de compromiso das xentes do mundo da cultura, artistas, escritores, actrices e actores e persoas de traxectoria profesional e do movemento social do Morrazo que quixeron onte na Praza do Concello con un único obxectivo: defender a Sanidade Pública.
Relación das persoas que apoiaron o acto e participaron na lectura da Iniciativa Lexislativa Popular:
Dedicatoria a SOS Sanidade Pública publicada en "Faro de Vigo" de Luis Davila no día da Rolda:

Alfredo Moldes Guardado, Presidente da Comunidade de Montes de Darbo
Antón Fernández Cordeiro, Presidente da Asociación de Anelamento “Anduriña”
Antón Lamapereira López, director teatro
Antonia González Martínez, Presidenta da AVV “Daravelo” de Darbo e Presidenta da Asociación de Mulleres Progresistas de Darbo
Antonio Fandiño Villar, Presidente da Asociación de Xubilados e Pensionistas “Santiago Apóstol”
Antonio González Molanes (Tucho-Perete), músico
Antonio Serrano Casaus, pintor
Camilo Camaño Xestido, pintor e director da Casa-Museo da “Mangallona”
Carlos del Valle Suárez, profesor e pintor
Carlos Sotelo, Presidente de ASPAMSIM
Carmen Avendaño, Presidenta de “Érguete”
Casilda (“Alfaro”) García, actriz
Celso Parada Fernández, director e actor de teatro
Claudio Salvador Lamosa Quinteiro, Director do CEIP do Hío
Concha Trigo Portela, Presidenta da Asociación de Mulleres de Moaña
Consuelo Nogueira Ríos, Presidenta da Federación de AAVV “A Chamusca” de Moaña
Eduardo Mallo Regueiro, profesor
Evaristo Fernández, Patrón Maior da Confraría de Cangas
Francisco Ferreira Lorenzo, Portavoz da Plataforma en Defensa do Transporte de Ría
Henrique Harguindey Banet, escritor
Iván Costa Blanco, gaiteiro
José Luis González-Lavín Siebert, médico
José Pereiro Francés, médico pediatra
Juan Bouza Rodríguez, Director do IES de Rodeira
Juan Carlos Meana Martínez, artista e docente da Facultade de Belas Artes
Lao Graña García, Director do Centro Municipal de Benestar Social
Lino González Lemos, Presidente da Comunidade de Montes do Hío
Luis da Portela, representante da Voz do Paciente de Bueu
María Boubeta Pena, Portavoz Plataforma da Sanidade de Moaña
María Salgueiro, actriz
María Xosé Fernández Iglesias, artista plástica
Modesta Cancelas, Presidenta da Asociación “Rosa dos Ventos”
Mónica Camaño, actriz
Paula Cabaleiro Comesaña, pintora
Salvador del Río, actor
Sonia Rúa, actriz
Valentina García Abalo, tallista da madeira
Xerardo Dasairas Valsa, etnógrafo, historiador
Xico Peña (“Xico de Cariño”), músico
Xosé María Álvarez Cáccamo, poeta
Xosé Saíz “Penelas”, ex-Presidente da Voz do Paciente de Cangas
María Xosé, Ares pintora
Sara Malvido Hermelo, directora da banda de gaitas “Tromentelo” de Coiro
Xosé Vázquez Pintor, escritor
Lara Graña Prieto, xornalista de “Faro de Vigo”
Fina Cancelas Pérez, Presidenta da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer do Morrazo
Luis Davila, humorista gráfico
Dedicatoria a SOS Sanidade Pública publicada en "Faro de Vigo" de Luis Davila no día da Rolda:

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: