15 may 2012
Manifesto da Plataforma de Ourense sobre a situación sanitaria na provincia
Sr. D. Alberto Nuñez Feijoo, Presidente da Xunta de Galicia:
A Plataforma Sanitaria de Ourense, entidade formada por distintos colectivos sociais e cidadáns así como persoas adscritas de xeito individual levamos varios anos traballando con catro obxectivos:
Os criterios polo que manifestamos o anterior baséanse no seguinte:
Consideramos estas medidas moi inxustas, e insolidarias e sobre todo nunha provincia como Ourense que ten a situación socio/económica que comentamos e ademais son un auténtico “golpe de estado” ao un modelo sanitario universal, solidario e equitativo como o actual.
A esta Plataforma preocúpalle o ter unhas infraestruturas dignas para a nosa provincia pero neste momento a nosa preocupación a centramos no conxunto de medidas que teñen que ver con recortes, repagos, limitacións no acceso as prestacións, etc pois sendo moi importantes os edificios e a dotación tecnolóxica, de seguir con estas medidas remataremos nunha sanidade para pobres, tipo beneficencia e nunha sanidade para quen poida pagarse un seguro privado. O dereito a protección a saúde pasará de ser un dereito básico das persoas a converterse nun negocio.
Sr. Presidente dende a plataforma de Ourense pedimos que paralice estas medidas e que cambie o rumbo das súas políticas sociais, se de verdade quere vertebrar o país, se quere achicar as diferenzas entre a Galicia Interior e a da Costa se quere traballar a prol da xustiza, da equidade e da verdadeira solidariedade facémoslle un chamamento para reconsiderar o que pode converterse nun gravisimo atranco para o desenvolvemento social de Galicia e que na provincia de Ourense pode acadar uns niveis aínda de maior intensidade xenerando non só moitos problemas económicos as familias e as persoas que teñan a desgracia de ter algunha doenza senon tamén reducindo os niveis de saúde da nosa cidadanía.
A Plataforma Sanitaria de Ourense, entidade formada por distintos colectivos sociais e cidadáns así como persoas adscritas de xeito individual levamos varios anos traballando con catro obxectivos:
- Defender a Sanidade Pública como o mellor xeito de prestar uns servizos universais, equitativos e solidarios.
- Aportar ideas e criterios que redunden na súa mellora.
- Conseguir que Ourense teña unhas infraestruturas sanitarias acordes a unha provincia situada na Europa do século XXI.
- Que as infraestruturas sanitarias tanto en Hospitais como na Atención Primaria teñan a dotación axeitada tanto de profesionais como de tecnoloxía que permita atender con criterios de calidade aos usuarios que o precisen.
Os criterios polo que manifestamos o anterior baséanse no seguinte:
- Os orzamentos adicados a sanidade teñen baixado de maneira importante nos 3 anos que leva o seu goberno de mandato. Pasando de un gasto por habitante de 1334 euros no ano 2010 a un gasto de 1263 euros no 2012. En tres exercicios cerca do 6%. En Ourense para no ano 2012 soamente 600.000 euros para infraestruturas. A estas rebaixas feitas pola Xunta de Galicia hai que sumarlle a parte que nos toca dos 7.000 millóns de redución proposto polo goberno central para Sanidade.
- O que vostedes presentan día 15 en Ourense é o que se denomina: “Reprogramación funcional, Plan Director Hospital 2050 e redacción do proxecto básico de execución da fase 1 do CHOU no marco dos proxectos Innova-Saúde e Hospital 2050” que traducido ben a dicirnos:
- Sobre a base do proxecto aprobado en Maio do 2009 ( por valor de 1.034.000 euros) adxudicase, a mesma empresa de entón, unha revisión para axustar o xa feito coas novas inversións de Innova-Saúde e Hospital 2050.
- A chamada “Fase 1” do Plan Director é todo aquelo que xa está feito dentro do Plan Director: Edificio Cirúrxico, as zonas novas de hospitalización que se continúan coas antigas, os viales de acceso,etc. Polo tanto pouco que ver con desbloquear a construción das novas zonas de Hospitalización.
- Tampouco queda claro se esta “Reprogramación” vai afectar só as cuestión tecnolóxicas ou tamén se poden “reprogramar” temas tan importantes como o número de preto de 1000 camas, que se proxectaban no proxecto do 2009 ou a supresión de espazos reservados para consultas e outras actividades.
- Os 90 millóns de euros dos fondos europeos tampouco son suficientes para rematar o Plan Director. ¿De onde van sair as inversións para finalizar Hospital de Ourense?
- Os datos anteriores nos conducen lamentablemente a pensar que o desenvolvemento real do Hospital de Ourense vai sufrir novos retrasos e poden pasar unha ou dúas lexislaturas sen que as cousas estean rematadas e polo tanto as graves deficiencias na actual zona de hospitalización seguirán prolongándose e provocando déficits e deshumanización na asistencia. Habitacións de tres camas e de dúas camas onde só tiña que haber unha, baños compartidos por 6 pacientes, paredes e teitos moi deteriorados, cociña en malas condicións, etc.
- O investimento en Ourense en infraestrutura sanitaria non é só deficitario na Atención Hospitalaria, na Atención Primaria a cousa tamén é de clara marxinación. Os centros de saúde da cidade, Couto e Vinteún seguen a espera. Os de Barbadás, Pontedeva, etc seguen sen coñecerse os seus proxectos.
- O peche do hospital psiquiátrico de Toén. A negativa a desenvolver o edificio proxectado en Piñor para atender aos pacientes con problemas de saúde mental, acompañado do peche de 74 camas de Medicina Interna ten sido unha das decisións máis negativas para unha provincia tan deficitaria en camas de crónicos e medios sociosanitarios.
- O seguir a día de hoxe sen coñecer o destino dos 400.000 metros cadrados dos terreos ocupados polo antigo Hospital de Toén que corren risco de perderse para o patrimonio sanitario público.
- O ter posto en marcha a Xerencia de Xestión Integrada de Ourense integrando a área sanitaria de Valdeorras creándose unha situación de risco dous temas moi importantes:
- Eliminase na práctica a área de Valdeorras e
- Integrase a Xerencia de Atención Primaria baixo un mando único desdebuxando a mesma, facéndolle perder capacidade de decisión e como consecuencia deteriorando o que se considera a base e piar fundamental da atención sanitaria.( os orzamentos de primaria baixan este ano o 21%)
- O ter anulado o Plan de Mellora para Atención Primaria provocou a perda dun número importante de profesionais sanitarios na nosa provincia, médicos, enfermeiras, pediatras, administrativos, fisioterapeutas, hixienistas dentais, etc.( no ano 2009 perdéronse 43 novas prazas). A esta perda de profesionais hai que sumar a amortización de varias prazas de médicos e enfermeiras por xubilación de anteriores propietarios, non repoñéndose as mesmas.
- O repago das receitas por parte de pensionistas ademais de rachar a unidade do aseguramento único resulta especialmente gravoso nunha provincia onde un 30% da poboación ten máis dos 65 anos e temos a media de pensións máis baixas do estado cunha cantidade que ronda os 600 Euros. O decreto que limita/prohibe o acceso as prestacións universais e gratuítas do sistema público a parados de longa duración nunha provincia que ten a segunda taxa de paro máis alta de Galicia co 20,10%. Ao anterior hai que sumarlle unha taxa de 10 euros pola renovación da tarxeta sanitaria.
- O ter lexislado un novo recorte nos dereitos sanitarios que afecta a sectores afectados por graves problemas de saúde como son as persoas con amputacións, cancros,parálise, minusvalías graves e incapacitantes que terán que adiantar o custe dos materiais ortoprotésicos que precisen cando somos a provincia situado no penúltimo lugar do estado por renda per capita.
- O ter autorizado o peche das oficinas de farmacia naqueles lugares onde non exista PAC. Medida que supón un esforzo económico e social engadido nunha provincia con alta dispersión xeográfica e onde os medios de transporte público non cubren ou o fan de xeito moi escaso a nosa xeografía.
Consideramos estas medidas moi inxustas, e insolidarias e sobre todo nunha provincia como Ourense que ten a situación socio/económica que comentamos e ademais son un auténtico “golpe de estado” ao un modelo sanitario universal, solidario e equitativo como o actual.
A esta Plataforma preocúpalle o ter unhas infraestruturas dignas para a nosa provincia pero neste momento a nosa preocupación a centramos no conxunto de medidas que teñen que ver con recortes, repagos, limitacións no acceso as prestacións, etc pois sendo moi importantes os edificios e a dotación tecnolóxica, de seguir con estas medidas remataremos nunha sanidade para pobres, tipo beneficencia e nunha sanidade para quen poida pagarse un seguro privado. O dereito a protección a saúde pasará de ser un dereito básico das persoas a converterse nun negocio.
Sr. Presidente dende a plataforma de Ourense pedimos que paralice estas medidas e que cambie o rumbo das súas políticas sociais, se de verdade quere vertebrar o país, se quere achicar as diferenzas entre a Galicia Interior e a da Costa se quere traballar a prol da xustiza, da equidade e da verdadeira solidariedade facémoslle un chamamento para reconsiderar o que pode converterse nun gravisimo atranco para o desenvolvemento social de Galicia e que na provincia de Ourense pode acadar uns niveis aínda de maior intensidade xenerando non só moitos problemas económicos as familias e as persoas que teñan a desgracia de ter algunha doenza senon tamén reducindo os niveis de saúde da nosa cidadanía.
Ourense 15 de Maio do 2012

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: