10 may 2012

postheadericon Rolda en defensa da Sanidade Pública

Os recortes, os repagos e as privatizacións na Sanidade Pública conforman a axenda dos gobernantes de Compostela e Madrid, seguidores incondicionais dos “mercados”, que é o mesmo que dicir dese 1% formado polos grandes poderes económicos e financeiros de escala global.
Pero as vítimas somos os xubilados, os inmigrantes, os parados sen recursos, os necesitados dunha cadeira de rodas, as mulleres, os mozos maiores de 26 anos que non cotizamos, etc. A lista poderíase alongar considerablemente ata chegar á minoría que nesta situación de crise e recesión aínda se poden pagar un seguro médico privado. Precisamente é ese modelo ao que nos queren levar e ao que imos dicir rotundamente NON. Porque somos o 99%, outro mundo é posible.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger