28 may 2012
Núñez Feijoo pretende cobrar comida e limpeza nos hospitais galegos
Ante as declaracións do presidente da Xunta de Galicia de que se pretende cobrar a comidas o aseo e outras prestacións aos pacientes hospitalizados nos centros públicos de Galicia a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública quere comunicar que:
- Esta medida é unha mostra máis da tola política de restrinxir o endebedamento público á conta dos cidadáns que non son responsables da crise mentres se inxecta miles de millóns a fondo perdidos en Bankia e outras entidades financeiras que son as autenticas causantes do desastre.
- O Sr. Núñez Feijoo ou descoñece a que é a atención hospitalaria na que a alimentación, o mantemento da hixiene ou a cama, forman parte consustancial do proceso de asistencia ao hospitalizado, ou quere buscar escusas alucinantes para introducir novos copagos.
- Cobrar por estes servizos supón crear un novo imposto que grava a enfermidade ás persoas que teñen problemas de saúde tan importantes como que requiren hospitalización. Esta decisión é inxusta, insolidaria e atenta contra a esencia do noso actual sistema de saúde racional, universal e equitativo.
- A medida incrementará as desigualdades entre as persoas enfermas atendendo ao seu nivel de renda (consideramos surrealista e humillante que moitas persoas hospitalizadas con escasos recursos pola crise, deberán levar a súa comida e auga con xabón das súas casas para poder alimentarse ou manter a súa hixiene persoal).
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: