22 may 2012
Feijoo defende privatizar o que non sexa o «núcleo duro» da sanidade

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, defendeu onte a privatización de todo aquilo que non forme parte do «núcleo duro» do sistema sanitario, de maneira que nos hospitais só a xestión médica leve a cabo con instrumentos públicos. Durante un almorzo informativo en Madrid, Feijoo foi preguntado acerca de se expón para Galicia un modelo similar ao que se vai levar a cabo na Comunidade Valenciana, coa privatización de hospitais. Sen aclarar se está na súa mente levalo a cabo de inmediato, defendeu que a xestión sanitaria ten neste momento unhas «rixideces propias dunha oficina administrativa e impropias dunha organización complexa como é un hospital». E engadiu que «hai determinadas cuestións que se poden facer perfectamente externalizando a xestión», de maneira que «a xestión pura do sistema, de orde cirúrxica, de probas diagnósticas, a xestión médica do sistema, pódese facer con instrumentos de xestión pública, e todo o que non sexa o núcleo duro do sistema pódese experimentar con outros instrumentos que acreditaron a súa credibilidade e a súa aptitude».
Ler máis en La Voz de Galicia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: