8 feb 2012
SOS Sanidade Pública presenta unha Iniciativa Lexislativa Popular contra os recortes e privatizacións
A Plataforma SOS Sanidade Pública integrada pola Confederación de Asociacións de Vecinos de Galicia, os sindicatos SATSE, CIG, UGT e CCOO, organizacións de usuarios, Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, ONGs, partidos políticos progresistas, concellos, etc, promoveu unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) coa finalidade de deter a política de recortes e privatizacións da Sanidade Pública Galega impulsada polo o actual Goberno Galego, para garantir o dereito constitucional á saúde dos galegos.
A proposición de Lei opta expresamente pola xestión pública directa dos centros sanitarios, a potenciación da Atención Primaria e a promoción de saúde como alternativa á crise e as áreas sanitarias como espazo para a planificación e a xestión dos recursos.
Durante 4 meses as Plataformas Galegas que integran SOS Sanidade Pública, xunto con outros colectivos como ONGs e o 15M desenvolverán actividades de información, debate e mobilización social en todas as áreas sanitarias da CCAA.
Os puntos da ILP son:
A proposición de Lei opta expresamente pola xestión pública directa dos centros sanitarios, a potenciación da Atención Primaria e a promoción de saúde como alternativa á crise e as áreas sanitarias como espazo para a planificación e a xestión dos recursos.
Durante 4 meses as Plataformas Galegas que integran SOS Sanidade Pública, xunto con outros colectivos como ONGs e o 15M desenvolverán actividades de información, debate e mobilización social en todas as áreas sanitarias da CCAA.
Os puntos da ILP son:
- A defensa do carácter público da sanidade como garantía do dereito á saúde de todos os galegos.
- A xestión pública e directa dos servizos sanitarios e o rexeitamento ás formas de financiamento e xestión privada introducidas pola Xunta de Galicia.
- A necesidade de incrementar a capacidade resolutiva da Atención Primaria mellorando os seus recursos e o acceso ás tecnoloxías diagnósticas, como base dun sistema sanitario accesible, equitativo e eficiente.
- Mantemento do modelo descentralizado do sistema sanitario galego a través das áreas sanitarias, como espazos para a planificación, asignación e xestión integral dos recursos en base ás necesidades sanitarias da poboación e coa súa participación activa.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo


0 comentarios: