8 feb 2012
Presentación da Iniciativa Lexislativa Popular de SOS Sanidade Pública no Morrazo
Na fotografía: Milagros Bouzón (PDSP de Marín), Mayra Calvar (15m Morrazo), Luis Portela (A Voz do Paciente de Bueu), Xosé Mª Sánchez (PDSP de Cangas) e Maruxa Boubeta (PDSP de Moaña)
Hoxe, mércores, día 8, tivo lugar no Salón de Actos da Biblioteca Pública de Marín a presentación da Iniciativa Lexislativa Popular de SOS Sanidade Pública. No acto deuse a coñecer a declaración que reproducimos a continuación.
MANIFESTO DO MORRAZO
EN APOIO Á INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR PARA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA E CONTRA DOS RECORTES E PRIVATIZACIÓNS
Recentemente, se veñen anunciando con insistencia a introdución do copagamento (en realidade “repagamento”, posto que xa é a través dos impostos que se financia o sistema de saúde pública) que van na dirección privatizadora. Estámonos referindo á supresión da gratuídade universal dos fármacos para os xubilados e pensionistas, o pago das consultas médicas mediante o chamado “ticket moderador”, o pago dos servizos hospitalarios non médicos como comidas, estadías, duchas,... E isto só semella ser “o principio do principio”. Á vista está o que están facendo os gobernos autonómicos de Madrid ou Cataluña, por exemplo.
Desde o Morrazo temos motivos sobrados para sumarnos a esta iniciativa: á supresión da ambulancia en horario nocturno en Marín hai que unir a paralización na construción dos centros de saúde de O Hío-Aldán, Marín e Moaña; e o Centro de Alta Resolución do Morrazo, que tamén se poden considerar recortes co fin de poder capitalizar a construcción dos hospitais privados de Vigo e Pontevedra pola fórmula da chamada “colaboración pública-privada” que puxo en marcha o actual goberno da Xunta de Galicia. As enormes listas de espera do hospital privado POVISA, aos que nos vemos encadeados os veciños e veciñas de Cangas e Moaña, así como as súas carencias completan un cadro que non fai senon agravarse nos últimos tempos.
Coa Iniciativa pretendemos:
- Manter a Sanidade pública como servizo universal, gratuíto e de calidade, como responsabilidade do Goberno galego.
- Manter a xestión pública e directa do Sistema de Saúde de Galiza.
- Mellorar a capacidade resolutiva en atención primaria dotándoa do persoal e medios tecnolóxicos suficientes, cunha cobertura equilibrada en todo ou territorio galego e para toda a poboación.
- Mellorar a xestión sanitaria mantendo as actuais áreas sanitarias como espazo para a planificación e xestión unitaria dous recursos sanitarios que garanta a equidade e a racionalidade.
O Morrazo, 8 de xaneiro de 2012
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo


0 comentarios: