11 nov 2011

postheadericon Médicos do Mundo e SOS Sanidade Pública denuncian a Xunta de Galicia por romper os principios de Universalidade e Equidade

Médicos do Mundo e SOS Sanidade Pública denunciamos que a Xunta de Galicia rompe os principios de Universalidade e Equidade da Sanidade Pública, deixando ás persoas con menos recursos sen dereito á asistencia sanitaria.
A Orde de 5 de setembro de 2011, actualiza o procedemento para o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria por parte das persoas sen recursos económicos suficientes (PSR), das persoas que se atopan en situación de desemprego (Código 29), e das persoas estranxeiras.

No protocolo de aplicación da orde se deixa as persoas sen recursos que solicitan a tarxeta sanitaria sen dereito a ter médico asignado, a poder ser citados e a ter prestación farmacéutica. Só se lles recoñece dereito á asistencia de urxencia e emerxencia (agás no caso dos menores e das mulleres embarazadas, que manteñen estes dereitos). Ademais disto, no protocolo se indica que as persoas sen recursos que solicitan a tarxeta sanitaria serán clasificados como PRIVADOS e se lle fará asinar un compromiso de pago da asistencia realizada.
O mesmo protocolo establece trabas no acceso á tarxeta Sanitaria para os estranxeiros. A partir do próximo 1 de xaneiro, o Sergas esixirá unha antigüidade mínima no padrón de 183 días para poder solicitar a Tarxeta Sanitaria, indispensable para garantir a Asistencia Sanitaria. Esta condición previa para acceder á Tarxeta Sanitaria vai limitar o seu acceso á atención primaria nos centros de saúde. A Lei Orgánica sobre Dereitos e Liberdades dos Estranxeiros en España e a súa Integración Social (decembro 2009) establece no seu artigo 12: "Os estranxeiros que se atopen en España, inscritos no padrón do municipio no que teñan o seu domicilio habitual, teñen dereito á asistencia sanitaria nas mesmas condiciones que os españois" sen incluír período mínimo de empadroamento como agora fai o Servizo Galego de Saúde.
A Xunta de Galicia vulnera o principio de UNIVERSALIDADE recoñecido na Lei 8/2008 de Saúde de Galiza:
Artigo 4º.-Titulares do dereito á protección da saúde e á atención sanitaria.
1. O dereito á protección da saúde e á atención sanitaria con cargo a fondos públicos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e de cobertura universal garánteselles a todas as persoas que residan nos concellos desta comunidade autónoma.
E tamén o da EQUIDADE en saúde, definida pola OMS, que implica a igualdade de oportunidades e a diminución de diferenzas en saúde ao nivel máis baixo posible, mediante a igualdade de acceso, a igualdade de utilización por un mesmo problema e a igualdade na calidade da atención.
Médicos do Mundo e SOS Sanidade Pública consideran que estas medidas son un paso máis na precarización da sanidade pública e na perda dun dereito humano fundamental que é o dereito á protección da saúde, implementando unha política de desigualdade, o que nos obriga a facer un novo chamamento ao conxunto da cidadanía, que antes ou despois se verá afectada, a que tome tódalas medidas necesarias para defendela. Só se a maioría social se mobiliza e mostra o seu rexeitamento a estas políticas poderemos paralas e así defender á Sanidade Pública.

Médicos do Mundo e SOS Sanidade Pública
Santiago, 8 de novembro de 2011

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger