18 nov 2011

postheadericon AGDSP denuncia recorte protesis a enfermos

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere denunciar que a administración sanitaria galega, nunha fuxida adiante sen precedentes, vai introducir un novo recorte no dereito á atención sanitaria en Galicia, que neste caso afectará aos sectores sanitarios afectados por graves problemas de saúde como son as persoas con amputacións, cancro, parálise minusvalías graves e incapacitante.

Preténdese que as persoas que precisen próteses, cadeiras de rodas, dispositivos para camiñar, etc. deberán pagar os mesmos cando os reciban nos centros sanitarios ou nos establecementos orto-protésicos e posteriormente reclamar o seu reintegro ao SERGAS, solicitude que poderá ou non ser satisfeita pola administración en función da dispoñibilidade económica.
Esta decisión supón que unha parte importante destes pacientes non poderán adquirir as próteses ou dispositivos que necesitan para paliar as súas discapacidades ou limitacións por problemas económicos, xa que a gran maioría son persoas maiores pensionistas ou en situación de discapacidade laboral por padecer enfermidades graves ou intervencións cirúrxicas importantes e traumáticas, que determinan unha diminución importante de ingresos económicos.
A nosa Asociación advirte a toda a cidadanía e aos profesionais sanitarios de que se a administración sanitaria galega, no seu afán de aforrar gasto custe, é capaz de perpetrar esta tropelía con un colectivo tan vulnerable e necesitado, ten que esperar recortes brutais no conxunto dos servizos sanitarios.
Esiximos que se retire de xeito inmediato esta decisión por vulnerar gravemente o dereito á asistencia sanitaria dun sector especialmente vulnerable e necesitado que precisa políticas de apoio especial.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger