24 oct 2011
A renuncia de Feijoo ao PFI, un triunfo das mobilizacións cidadáns contra a privatización da sanidade
A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere dar a coñecer que os Orzamentos da Xunta de Galicia de 2012, contemplan 396 millóns de euros de investimento extrapresupuestario dos que 210 serán de Financiamento Público- Privado e 186 da Sociedade Pública de Investimento (SPI), o que supón que a Xunta de Alberto Núñez Feijóo decidiu non licitar ningunha unha obra máis das xa previstas recorrendo á iniciativa privada (PFI).
Esta renuncia a novos investimentos privados para financiar centros públicos supón un triunfo das mobilizacións da Plataforma SOS Sanidade Pública e das Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de toda Galicia, que se opuxeron a esta modalidade de financiamento desde o inicio da mesma. Esta fórmula, ademais de deixar en mans privadas a explotación dos novos hospitais, multiplica por sete o prezo final dos mesmos, pondo en risco o mantemento futuro do sistema sanitario galego.
As denuncias e reivindicacións das Plataformas, nas que participaron miles de cidadáns (só en Vigo a última mobilización polo financiamento público do Novo Hospital, congregou a máis de 50.000 persoas) foron recollidas tamén polo Consello de Contas de Galicia que no seu último informe criticou e advertiu á Xunta de Galicia sobre os seus efectos perniciosos para as arcas públicas.
A Asociación Galega ademais quere mostrar a súa satisfacción por este éxito das mobilizacións sociais e esixe que o financiamento do Novo Hospital de Vigo (cuxo custo final pode alcanzar máis de 1.800 millóns pola Iniciativa Privada fronte a 450 pola pública) sexa revertida para financiamento público, dado ademais que as empresas concesionarias son Caixas de Aforro en quebra e que están recibindo miles de millóns de diñeiro público para ser refrotadas como Caixa de Aforros do Mediterráneo, Bankia, Caixa Sur, de Sabadell, etc.

Etiquetas:
agdsp
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
100% público
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
0 comentarios: