21 oct 2011
Novos recortes aos dereitos sanitarios en Galicia
A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere denunciar á opinión pública e aos profesionais sanitarios os contidos da Lei de Acompañamento dos Orzamentos do 2012 contén unha nova serie de medidas destinadas a restrinxir a asistencia sanitaria, a protección da saúde ambiental e a introdución do COPAGO na Sanidade Pública Galega:
1.- Restrinxe o dereito á saúde
A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública alerta á opinión pública galega e aos sanitarios de que estas medidas son un aperitivo das que pensa adoptar o Partido Popular unha vez se teña feito co poder en todas as administracións do Estado.
1.- Restrinxe o dereito á saúde
- Suprime o dereito universal a asistencia sanitaria xa que será necesario levar máis de 183 días empadroado nun concello de Galicia para recibir atención sanitaria do Servizo Galego de Saúde (Sergas).
- Elimina os servizos farmacéuticos de urxencias nos núcleos máis illados onde os usuarios dos núcleos quedarán sen farmacia de garda
- Eliminar a obrigación de manter un servizo de dispensación de medicamentos nos centros hospitalarios con menos de 100 camas (Hospitais Comarcais)
- Deroga a Lei de Protección contra a Contaminación Acústica
- Suprime esixencia da avaliación de impacto ambiental aos proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal
- Cobrarase aos usuarios pola renovación ou reposición do cartón sanitario , o que supón unha novo imposto indirectos, cunha taxa que se aplicará a todos os cidadáns independentemente do seu nivel de renda por un servizo que ata agora era gratuíto.
A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública alerta á opinión pública galega e aos sanitarios de que estas medidas son un aperitivo das que pensa adoptar o Partido Popular unha vez se teña feito co poder en todas as administracións do Estado.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo


0 comentarios: