25 ago 2011
A Voz do Paciente de Bueu e as plataformas de Cangas e Moaña en contra da supresión da ambulancia de Marín
A Voz do Paciente de Bueu e as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de Cangas e Moaña queremos expresar a nosa oposición á supresión dunha das ambulancias de O Morrazo no turno de noite, en concreto a que ten a base en Marín, segundo a comunicación da Consellería de Sanidade ás empresas concesionarias do transporte sanitario para que esta medida se poña en práctica a partir do día 10, do próximo setembro.
Este importante recorte repercutirá en toda a comarca, pois, en caso de necesidade, os servizos suprimidos terán que ser substituídos polas ambulancias de Bueu, Cangas ou Moaña, cos graves riscos que isto podería supoñer ao quedar desatendidos os veciños e veciñas deses concellos. É especialmente lamentable que cando aínda se estaba a pedir un incremento no servizo do transporte sanitario nunha comarca como a nosa, na que especialmente en épocas estivais prodúcese un enorme incremento da poboación pola presenza de turistas e forasteiros, se produzan recortes que nos fan retroceder décadas na calidade da atención sanitaria.
Esta parece ser a primeira tanda de medidas contra o transporte sanitario utilizando como excusa a crise económica, pois como quedou reflectido no decreto aprobado hai uns meses a Xunta de Galicia pretende ademáis:
Finalmente, A Voz do Paciente de Bueu e as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de Cangas e Moaña, queremos expresar o noso apoio á concentración de profesionais do sector e veciños e veciñas que o comité de empresa da concesionaria ten convocado para o próximo venres, día 26, ás 20,30h. diante do Concello de Marín.

- Proseguir coa supresión de bases do 061 comezando polo turno de noite, como no caso de Marín.
- Converter o uso das ambulancias nun servizo de pago, para o que se fixo desaparecer no decreto citado a alusión expresa a que o SERGAS se debe facer cargo desta obriga.
- Deixar as ambulancias medicalizadas e as 4x4, de nova creación, sen técnico-axudante.
- Facer servicios sanitarios (dialise, por exemplo) nos autobuses do 065, que non están acondicionados nin o persoal formado para esa función.
Finalmente, A Voz do Paciente de Bueu e as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de Cangas e Moaña, queremos expresar o noso apoio á concentración de profesionais do sector e veciños e veciñas que o comité de empresa da concesionaria ten convocado para o próximo venres, día 26, ás 20,30h. diante do Concello de Marín.
Etiquetas:
ambulancias,
comunicados
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
100% público
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
0 comentarios: