14 jul 2011
Preguntas do BNG no Parlamento de Galicia sobre o CAR do Morrazo
Ana Luisa Bouza Santiago e Bieito Lobeira Domínguez, deputada e deputado do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do Regulamento da Cámara, presenta as seguintes Preguntas, para a súa resposta oral en Comisión relativas á construción do Centro de Alta Resolución do Morrazo.
O BNG ten denunciado en numerosas ocasións nesta lexislatura que a poboación da Comarca do Morrazo está a vivir o deterioro da sanidade pública galega dun xeito especial pola paralización de infraestruturas previstas e necesarias para a Comarca e pola decisión do Gobernó galego de darlle continuidade á adscrición de poboación ao centro privado POVISA que, segundo os datos de espera que se publican, duplica a espera media dos hospitais galegos na atención a doentes.
Unha das infraestruturas previstas xa en 2007 e paralizadas polo Goberno galego é o Centro de Alta Resolución que debería atender á comarca do Morrazo e paliar de maneira importante as deficiencias na atención especializada, para o que debería contar coas especialidades de Oftalmoloxía, Xinecoloxía e Obstetricia, Traumatoloxía, Dermatoloxía, Otorrinolaringoloxía, Cirurxía Xeral e Dixestiva, Uroloxía, Cardioloxía, Endocrinoloxía, Rehabilitación e Fisioterapia, Psiquiatría, Reumatoloxía, Neumoloxía, Radiodiagnóstico e Laboratorio e podería contar tamén cunha Unidade de Hemodiálise.
O Concello de Cangas puxo a disposición do SERGAS unha parcela próxima o núcleo de Pedreira nos lindes de Cangas e Moaña de 20.000 m2, en solo rústico sen vivendas e que comunica directamente có Corredor do Morrazo, un lugar adecuado para dar servizo a toda a comarca, ben comunicado e con capacidade de ampliación futura. Nos diversos plans e memorias da Consellería de sanidade nesta lexislatura aparece o CAR do Morrazo para iniciar a sua construción en 2010 polo sistema PFI, compromiso xa incumprido e que ameaza con adiarse novamente pola reclamación da Consellería dunha ubicación diferente á ofrecida polo Concello.
Esta situación leva a este Grupo do BNG realiza as seguintes preguntas para a súa resposta oral en Comisión:
Publicado no BOPG (nº 515)

- Cal é o motivo da solicitude dunha nova ubicación para o Centro de Alta Resolución do Morrazo ao concello de Cangas?
- Cando ten previsto o Gobernó galego iniciar a construción do CAR do Morrazo?
- Cando ten previsto o Gobernó galego que se pona en fimcionamento?
- Con qué servizos contará o CAR do Morrazo?
Santiago de Compostela, 14 de Xullo de 2011
Asdo.Ana Luisa Bouza Santiago
Bieito Lobeira Domínguez
Deputada e Deputado do GP. do BNG
Publicado no BOPG (nº 515)
Etiquetas:
car
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
100% público
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
0 comentarios: