15 jul 2011
O BNG pregunta no Parlamento de Galicia sobre os recortes do Novo Hospital de Vigo
Ana Luisa Bouza Santiago, Carme Adán Villamarín e Henrique Viéitez Alonso, deputadas e deputado do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do Regulamento da Cámara, presentan as seguintes Preguntas, para a súa resposta escrita, relativas ao proxecto definitivo do Novo Hospital de Vigo.
O Grupo Parlamentar do BNG tivo coñecemento nos últimos días de entrevistas realizadas por persoal directivo da Consellería de sanidade anunciando unha redución da superficie prevista para diferentes servizos no novo Hospital de Vigo.
Segundo denuncia sindical, esta modificación supoñería entre outros recortes, unha redución importante do n° de camas, un 40% menos de superficie de urxencias, a desaparición do hotel de doentes e da unidade de docencia e investigación.
Esta redución de superficie construída e de espazo para asistencia sería posíbel xa que o sistema empregado para a construción e xestión deixa en mans da mesma concesionaria a redacción do proxecto de construción.
Pero de concretarse esta redución o que non sería posíbel é acadar os compromisos coa poboación de Vigo que teñen manifestado o Presidente Nuñez Feijoó e a Conselleira Farjas de mellorar a asistencia sanitaria para esa poboación e ademáis aumentaría o despilfarro de diñeiro público que xa de por sí, supón a utilización deste sistema de concesión (PFI).
Esta situación leva a este Grupo do BNG realiza as seguintes preguntas para a súa resposta escrita:
1a) Ten o Goberno galego previsto unha redución de superficie construída para o novo Hospital de Vigo respecto da anunciada?
2a) Que servizos se verán afectados e en que medida cada un deles?
3a) Cantas camas se reducirán respecto das anunciadas con esta modificación do proxecto da Xunta por parte da concesionaria?
4a) Que motiva esta redución de espazos e servizos?
5a) Cando ten previsto o Goberno galego explicar esta redución á cidadanía de Vigo?
6a) Que impacto terá esta redución sobre o canon anual?
7a) Como pensa o Goberno galego cumprir o seu compromiso de atención sanitaria pública coa cidadanía de Vigo?
8a) Cando se vai publicar o proxecto definitivo do novo Hospital de Vigo?
Santiago de Compostela, 13 de Xullo de 2011

Etiquetas:
novo hospital
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
100% público
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
0 comentarios: