29 jun 2011

postheadericon A AGSP sobre o levantamento da suspensión do Catálogo de Medicamentos

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública ante a noticia do levantamento polo Tribunal Constitucional da suspensión do Catálogo de Medicamentos de Galicia quere comunicar á opinión pública e aos profesionais sanitarios que:
  1. Dende a AGDSP sempre apostamos polo uso dos medicamentos xenéricos por que evitan erros na medicación (o facultativo prescribe un principio activo e non un nome de fantasía)  e sobre todo supón un importante aforro á sanidade pública dado que son de menor prezo que os de marca ao ter caducada a súa patente.
  2. Apoiamos que as administracións sanitarias promovan a utilización de xenéricos mediante políticas activas dirixidas aos prescriptores e aos pacientes.
  3. Consideramos que a xestión do Catálogo non se fixo ben pola Administración Galega que non informou e negociou suficientemente a medida cos profesionais sanitarios, cidadáns, Ministerio de Sanidade e Consello Interterritorial, dando orixe a confusións e enfrontamentos que desacreditaron unha decisión que na nosa opinión xera importantes aforros ao sistema sanitario que os pode destinar a outras necesidades, sen reducir os dereitos sanitarios. A escasa repercusión desta política sobre o gasto farmacéutico galego, que segue ocupando os primeiros lugares en gasto e os últimos en xenéricos, pode estar relacionada con esta situación.
  4. Rexeitamos que os posibles aforros derivados do incremento na prescrición de xenéricos se utilicen en pagar os custos das privatizacións dos servizos.
  5. Tampouco consideramos acertada a política da oposición, que nalgúns casos asociou os xenéricos a discriminación dos pacientes, creando confusión e alarma entre os cidadáns.  Os xenéricos son exactamente igual aos medicamentos de marca e así os garante a Dirección Xeral de Farmacia do Ministerio de Sanidade.
  6. Por último, cremos que desta triste situación se debería sacar como principal ensino a necesidade de negociar os cambios con profesionais e cidadáns, mellorar a información e evitar usar os temas sanitarios de natureza técnica como ferramenta política.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger