28 jun 2011
A AGDSP sobre o copago na sanidade
Ante as declaracións de responsables políticos da Xunta de Galicia sobre a necesidade de reducir gasto social e de introducir o copago en sanidade, a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública quere comunicar á opinión pública:
- Que a Xunta de Galicia xa introduciu recortes moi importantes no gasto sanitario, que este ano alcanzaron os 200 millóns de euros só no orzamento de sanidade (o equivalente ao custo de construír un hospital de 1,100 camas) . Esta redución traduciuse (entre outras) na paralización da construción dos hospitais de Vigo e Pontevedra, a eliminación do Plan de Mellora de AP que paralizou na construción de 60 centros de saúde e a creación de 915 prazas en AP das que 193 eran de medicos e 385 de enfermería. Outra con secuencia desta decisión foi o peche da actividade dos hospitais pola tarde, co consecuente incremento nas listas de espera.
- Introducir o copago suporía instaurar un novo imposto que gravaría a enfermidade (é unha taxa polo uso dos servizos sanitarios), que afectaría de xeito importante ás persoas máis necesitadas de atención sanitaria como os maiores de 65 anos (que necesitan tres veces máis asistencia por padecer enfermidades crónicas e dexenerativas) e que cobran unha pensión media de 860 euros).
- Resulta inxusto que se pretenda crear un novo imposto, que recaería fundamentalmente sobre os sectores con menos ingresos , mentres se reducen os impostos aos mais ricos como o de sociedades, patrimonio, sucesións ou aos tramos máis altos do IRPF. Neste senso cabería recordar que hai máis de 240.000 parados en Galicia e que o 75% dos asalariados cobra menos de 1.000 euros ao mes, aos que o copago afectaría de xeito importante. Ademais o copago non serviría para solucionar ningún problema económico xa que existen estudos que demostran que un pago de 10 euros por consulta e de 15 por urxencia só suporía o 0,85% do gasto sanitario actual.
- Consideramos que estes anuncios son un aviso da política que pensa aplicar o PP en Galicia e en España se gaña as próximas eleccións xerais.
- A nosa Asociación pensa expor medidas de mobilización social contra estas medidas na Plataforma SOS Sanidade Pública que se reunirá mañá ás 5 da tarde en Santiago para analizar a situación sanitaria en Galicia
Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
100% público
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
0 comentarios: