14 may 2011
A Plataforma quere un CAR con alta dotación, completo, ben ubicado e 100% público
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas rechaza as operacións especulativas que sobre a construción do Centro de Alta Resolución (CAR) do Morrazo se fixeron públicas nos últimos días.
Dito isto, temos as nosas dúbidas de que algúns interlocutores políticos que teñen tomado a palabra durante a campaña electoral para referirse ao CAR, estean a tomar as cousas coa debida seriedade, ao centrar o debate nunha finca de 3.000 m2 cando desde hai dous anos existe un informe técnico favorable do SERGAS sobre uns terreos de 20.000 m2 brutos para a súa ubicación. Tampouco estamos nada seguros de que aqueles que actúan como portavoces oficiosos da Consellería de Sanidade saiban exactamente do que están a falar cando se refiren as características dun centro deste tipo, polo que, desde Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas vémonos obrigados a manifestar públicamente que queremos:
La Plataforma da Sanidade rechaza las "operacións especulativas" sobre el CAR
Publicado en Faro de Vigo

- Un CAR con alta dotación de recursos estruturais e diagnósticos: aspiramos a que sexa realmente de “alta resolución” e non un mero ambulatorio de consultas de especialistas como algunhas voces por ignorancia ou intencionadamente teñen insinuado. A importancia dun centro destas características radica precisamente na consulta única, que permitirá que, no mesmo acto asistencial, se faga o diagnóstico, as exploracións, o tratamento, a rehabilitación e no seu caso, a continuidade da asistencia necesaria sen derivación ao centro hospitalario de referencia.
- Un CAR completo: aspiramos a que conteña unha carteira de servizos que inclúa polo menos o 90% das especialidades, así como raios e laboratorio; e que nos turnos de tarde e noite funcione como un PAC ou servizo de urxencias de 24 horas para toda a poboación da comarca asignada. A incorporación da homodiálise contribuiría, ademáis, a evitar desprazamentos a Vigo dos/das pacientes co conseguinte aforro.
- Un CAR cen por cen público: rechazamos totalmente a posibilidade de que faga pola vía público-privada como está facendo a Consellería de Sanidade cos novos centros de saude e hospitais, o cal suporía entregarlle a unha gran empresa concesionaria a súa xestión, a explotación de determinados servizos e a introdución de tendas (“shopping”) dentro das instalacións. Para servizos sanitarios privados xa temos abondo con POVISA.
- Un CAR ben comunicado: invitamos a todos os axentes implicados a pensar que éste non é un servizo exclusivo para Cangas senón que está pensado para responder ás demandas e necesidades dos habitantes de varios concellos, polo que a súa localización e accesibilidade deberían tamén un factor importante á hora de optar por unha alternativa definitiva.
Cangas, 13 de maio de 2011
La Plataforma da Sanidade rechaza las "operacións especulativas" sobre el CAR
Publicado en Faro de Vigo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: