14 may 2011
Encontro cos colectivos do Hío
Este sábado, día 14, tivo lugar un encontro da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas cos colectivos da parroquia do Hío, no que se falou sobre o Centro de Saúde denunciando o retraso inxustificado na licitación desta infraestrutura para a que xa están a disposición do SERGAS os terreos desde hai varios meses.
Tamén se presentou o documento "10 medidas para mellorar a atención sanitaria en Cangas" que se fixo chegar aos distintos partidos que concurren ás eleccións municipais, poñendo especial fincapé na inexplicable e inexplicada paralización do CAR (Centro de Alta Resolución) do Morrazo e na reivindicación de que os usuarios e usuarias de Cangas podan acceder ao Novo Hospital de Vigo, salientando que os recortes que se pretenden en máis de 300 camas neste centro é outra da longa serie de renuncias do SERGAS fronte a POVISA, que desta maneira pretende perpetuarse no Morrazo coas súas listas de espera récord en Galicia e coas importantes carencias que discriminan aos usuarios e ás usuarias asignados obrigatoriamente a este hospital privado.
Finalmente, ao facer referencia á licitación do Novo Hospital de Vigo pola vía PFI (investimento privado) púxose sobre a mesa os grandes perigos que isto acarrexará no futuro, tal como está a acontecer na Comunidade de Madrid, onde as grandes construtoras concesionarias de oito hospitais piden máis diñeiro, baixo a ameaza velada de colapsar todo o sistema.
Centro de Salud
Publicado en Faro de Vigo

Etiquetas:
actividades
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
100% público
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
0 comentarios: