30 may 2011
A Consellería de Sanidade privatiza agora toda a loxística de compras e distribución do SERGAS
O goberno de Núñez Feijoo prosegue paso a paso a privatización da Sanidade Pública Galega.
Cando os cidadáns se atopen ante o último paso deste percorrido, será imposible retroceder: o máis importante, os novos hospitais e centros de saúde e o que move recursos, estará xa en mans privadas.
A Consellería de Sanidade anunciou que pretende adxudicar a unha empresa privada o Servizo Loxístico Integral do SERGAS: Xestión da almacenaxe, distribución do aprovisionamento, xestión da operativa, construción da plataforma e almacéns dos centros sanitarios; compra e xestión de farmacia, material cirúrxico, laboratorio, implantes, próteses, ortopedia, lencería e outros materiais como limpeza, oficina, etc.
Cando os cidadáns se atopen ante o último paso deste percorrido, será imposible retroceder: o máis importante, os novos hospitais e centros de saúde e o que move recursos, estará xa en mans privadas.
A Consellería de Sanidade anunciou que pretende adxudicar a unha empresa privada o Servizo Loxístico Integral do SERGAS: Xestión da almacenaxe, distribución do aprovisionamento, xestión da operativa, construción da plataforma e almacéns dos centros sanitarios; compra e xestión de farmacia, material cirúrxico, laboratorio, implantes, próteses, ortopedia, lencería e outros materiais como limpeza, oficina, etc.
- Esta decisión supón que o presidente da Xunta de Galicia Núñez Feijoo e a súa Conselleira de Sanidade continúan aplicando de xeito inexorable (unha vez pasadas as eleccións) a súa política de privatización do sistema sanitario público en Galicia, cedendo agora a empresas privadas a xestión da Central Única de Compras de material e equipamento dos centros sanitarios.
- A administración mente cando afirma que a privatización deste servizo vai xerar un aforro de 200 millóns, cando en realidade vai gastar case 100 millóns de euros nunha actividade que podería facer gratis utilizando os seus propios recursos como ata agora.
- Ademais a medida porá en mans privadas en servizo estratéxico para a Sanidade Pública como é a xestión das compras do SERGAS: Isto proporcionará unha información privilexiada ás empresas adxudicatarias para facer negocio con diñeiro público, favorecerá irregularidades e abusos, e outórgalles a capacidade de bloquear o funcionamento dos servizos sanitarios (xa en perigo pola recente privatización dos servizos de informática).
- Resulta escandaloso que se pretendan destinar máis de 98 millóns de euros en contratar a unha empresa privada para realizar unha actividade que podería realizar perfectamente cos seus propios medios sen custo adicional algún. Hai que recordar que, alegando a falta de diñeiro pola crise económica o SERGAS, reduciu este ano o seu orzamento en 100 millóns e paralizado o Plan de Mellora de Atención Primaria que custaba unicamente 62 millóns
- Isto mostra, unha vez máis, a incapacidade e a falta de vontade da Consellería de Sanidade para xestionar os seus recursos: A administración do PP carece de directivos con capacidade de xestionar o sistema sanitario e despreza aos seus propios traballadores.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: